Ma

Neste momento estou acordándome moito dun libro de Stephen King que lin hai anos, moitos anos, creo que era Un saco de huesos. Era dun escritor ó que lle morrera a muller e dende aquela sufría o síndrome da páxina en branco: non era capaz de escribir nada, non lle viña a inspiración, quedaba paralizado.

Hoxe ía pola rúa con miña nai, e dixo algo que me deixou bastante inqueda: “Sei que non vou chegar ós 70, tal e como respiro… Estou segura de que morro antes dalgún problema respiratorio”. É moi chungo que túa nai che diga iso, así sen vir ó conto, cos seus 50 anos recén cumplidiños…

Isto fíxome pensar. Só levo 20 anoso vividos, e aínda me quedan (segundo esa teoría de miña nai) outros vinte para disfrutar dela. As cousas acaban, e as persoas non podemos ser menos.

Imaxineime sen ela por un momento, téndoa alí mesmo ó meu carón. ¿A quen ía chamar eu cando teño un problema? ¿A quen lle vou chamar “vieja”? ¿Con quen me vou meter? ¿Quen entenderá os meus chistes malos “estilo mamá”? ¿Con quen falarei cando queira dicir parvadas das miñas? Sen poder mirar para ela díxenlle: “Ai, mamá, ti tamén que cousas tes, muller…”, pero o que por dentro me pedía o corpo era collela polos ombreiros, zarandeala e dicirlle: “¡Non volvas dicir iso! ¿Non ves que non me podes deixar sola? ¿Que vou facer eu sen o teu apoio? ¡Non me deixes sola nunca! ¡Aínda son pequena!”.

Quero moito á miña nai, é o meu apoio fundamental. Non podedes imaxinar o que é contar con ela, apúintase a todo, e sempre é moi boa cos demáis. Para min é un exemplo a seguir, a verdade. Gustaríame ter esa marcha á súa idade, e seguir mantendo esa ilusión pueril que ela pon en cada cousa que fai.

O caso é que nese intre sentinme inútil e perdida no medio dun mar de dúbidas. É iso que non me deixa pensar nin escribir con claridade. Estou un pouco preocupada, porque a miña personalidade maníaca compulsiva non me deixa pensar noutra cousa…

O único que me tranquiliza é que ela é a única persoa no mundo que sabe máis ou menos o que significa para min, porque o intúe aínda que non llo diga nunca e só llo escriba de cando en cando.

 

 

Ma, te quiero mucho. Una peteta

One Response to “Ma”

  1. kela Says:

    encontrei hoxe o teu blog de casualidade, e…enhoraboa.
    recordasme tanto a min fai uns anos…cando estaba rematando a carreira, cando estudiar,escribir e raiarme ocupaban a maior parte do meu tempo…
    o acabar de leer o que dicias de tua nai…emocioneime.para min, a miña nai e o mellor exemplo a seguir…e a miña felicidade e os meus malos momentos, non teñen sentido sin ela.
    non esuqzas nunca esos sentimentos, porque on todo o mundo ten a sorte de telos…
    enhoraboa de novo e gracias por compartir…

Leave a Reply