R
¡Que ben! Por fin temos Internet no piso!
Isto é unha boa noticia para min, pero non para o resto do mundo, porque implica que agora non hai haber quen me erga da cama e me quite o portatil de enriba das pernas e porque, ademáis, agora escribirei máis. ¡Que friki son! ¡Yupiiiii!
Bueno, de todas formas, estes días estou pensando en dicirlles ás nenas que teño o blog, pero creo que prefiro que non o saiban. Así poderei seguir escribindo sen cortarme.
Parvadas aparte, semana moi estraña na miña facultade. Por mor do congreso ese case non hai clases, cousa que nos vén moi ben, porque estamos ata arriba de traballo. Non sei como algunha non me deu unha merecida labazada para quitarme a tontería… Estas nenas…
Pero iso non quita que non poidamos sair. Onte fun coas de clase e pasámolo moi ben. En casa de Pau deunos por cantar cancións frikis (eu sabíaas todas, de McNamara a La Bella Durmiente del Bosque, pasando por “Pon tu mano en la mano de aquel que te da la mano”… En definitiva, que se nos foi moito a pinza. Rimos moito.
Agora vou traballar un pouquiño, e logo xa se iso escribirei os meus maga-plans para o finde e para as próximas semanas. A pesar de todo o que se nos vén enriba non podo parar de facer plans e buscar algunha forma alternativa de malgastar o meu tempo.
Ah! Por certo, estou a piques de acuñar unha nova frase mítica das miñas: “Yupiiiiiiii!” (é que hai que vivila en directo heheh). Xa veremos que pasa
novembro 24th, 2006 at 11:35 am
yo sí que soy friki cada vez que salgo de copas acabo recitando algún versículo raro..” en verdad en verdad os digo que si el grano de trigo no cae al suelo y muere queda el sólo más si muere lleva mucha vida” Juan XII, 24