Segundo asalto e K.O.
Era visto… Esta semana empeceina con gafe, e así tiña que rematala.
O domingo espertei con febre, e miña nai levoume a Santiago en coche para que puidese ir o luns á exposición en grupo que tiña que facer. Xa non puiden ir traballar o domingo, por suposto… Esa noite paseino tan mal, sola no piso, que estiven a piques de chamar unha ambulancia que me levase a urxencias. Tomei máis de 1g de paracetamol e non daba baixado de 39. Da exposición, o mesmo que do traballo. Tururú pajarito. Nasti de plasti. Total, que veu meu pai buscarme o luns ó mediodía en pleno temporal.
Coincidiu eses días que meu avó, que xa levava 5 semanas ingresado no hospital, púxose peor. O martes estivo a piques de morrer, pero os médicos amañaron o problema (flaco favor lle fixeron, pero de agradecer en todo caso…). Como o mércores estaba mellor (e eu tamén), pois collín autopista a Compostela. Cheguei, rematei un traballo que tiña que expoñer o xoves (hoxe) e marchei para a cama. Xa me soara o despertador, e sentín o móbil ó meu lado. Era meu pai. Morrera o avó.
Segundo asalto. Segundo intento en van nesta semana de ir a Santiago a expoñer traballos, e segundo avó que me morre. Desta non foi tan traumático. Xa o tiñamos moi asumido. E xa sabiamos o que era.
Pasei todo o día entre o tanatorio e o coche, indo levar e traer xente, etc. Estou derrengada. Tanto andiven co coche que lle fixen un raiazo impresionante… (outro, segundo asalto de raiazos tamén na columna da entrada do garaxe). O colofón perfecto para unha semana de merda na que non perdín os ánimos nin un intre.
Nin sequera cando as que consideraba “as miñas amigas” non me chamaron para darme o pésame, ou se xa me baixara a febre… Segundo asalto para decatarme de que a xente non ten o mesmo concepto de amizade ca min. Segundo asalto e K.O.
E segundo asalto con “chico guapo“, que non me chamou esta semana para volver vernos o xoves noite (vaia, que sorpresa…), pero que polo menos contestou á miña mensaxe. A ver qué pasa.
Estou K.O. Vou pa cama.
Aínda que non o vaian ler, milleiros de gracias a todos os que me chamaron e se preocuparon. Non poden imaxinar como valoro todos eses pequenos detalles e canto me axudaron…
decembro 3rd, 2006 at 1:25 pm
ánimo algún día acabará esta guerra.
yo también estoy enganchado al triangulo ese de las bermudas pero me cuesta un guevo aguantar hasta el final…me da un sueñazo de la ostia.
saludos