Propósitos
Domingo, Decembro 31st, 200631 de decembro de 2006. Como dixo alguén, ás 12 da noite cambiamos de día, de semana, de mes e de ano.
Hoxe é imposible non facer balance do 2006. Na tele xa levan tempo facendo resumos do mellor do ano. Hoxe escoitei o mesmo na radio, e nos periódicos non se quedan atrás. Tódolos blogueiros teñen feito xa o seu balance e os seus propósitos, así que eu non vou ser menos.
Empezamos co balance. O 2006 foi un ano incriblemente inestable, no que houbo dúas partes ben diferenciadas. A primeira metade, ata que volvín do Erasmus (ou quizáis uns meses antes) foi do mellor da miña vida. Sen problemas, sen preocupacións, sen responsabilidades… Risas sen parar, borracheiras que enlazaban co seguinte día, algunha despedida, moitísimas saídas nocturnas, a visita de meus pais… Os bos momentos eclipsan ós malos. Pero nada máis volver xa empecei coas prácticas, o traballo, as clases… O verano non existiu, non vin a praia. Pero bueno, compensou por poder ver ó meu afillado con apenas dúas horiñas de vida. A facultade está sendo unha merda este ano, pero o Nadal cundiume (aínda que os traballos non me deixan tempo para nada) porque polo menos puiden disfrutar do pequeno. ¡Cousiña bonita! En resumo, moi ben o principio e bastante mal ó final.
Propósitos para o novo ano, toca agora… Pois só me propoño unha cousa: sentar a cabeza pero non madurar, seguirdisfrutando coas pequenas cousas que dan as ganas de vivir. non quero cambiar moito, só pido ter ós meus verdadeiros amigos cerquiña, á miña familia e un pouquiño de tempo para min.
Este ano vou poñermo doado, porque coa racha que levamos… jejejej
FELIZ ANO A TODOS!!!


