FieSTa del CHoCoLaTe :P

chocolate.JPG

Mmmmm! Hoxe imos celebrar unha das tradicións máis doces da miña familia… A Festa do Chocolate!

É das máis novas, haberá tres anos que comezamos a facela. Todo empezou un día que miñas irmás, miña nai, miña tía, miña prima e máis eu volvimos de dar un paseo xuntas. Sen saber por que, espontaneamente, sentamos as seis na mesa da cociña e empezamos a sacar pra fóra todo o chocolate que había na casa: turróns, tabletas, galletas, lacasitos… ¡Todo era pouco!

Ó ano volvimos quedar todas xuntas, pola mesma época, cando faltaba pouco para Nadal. De novo sentamos todas xuntas na cociña a comer chocolate sen parar, sen que ningunha o propuxese. Así empezaron as coñas: “Claro, cada vez que vén a tía á nosa casa temos que empezar a comer chocolate coma cochas…”, “É ela, que nos incita”, ”Viva a Festa do Chocolate!”… E aí quedou. A verdade é que na nosa familia somos todos moi larpeiros. Nas comidas que facemos todos xuntos temos chegado a acumular ata sete postres distintos para 15 persoas!!

Así que, como non se pode loitar contra a xenética, decidimos celebrala este ano poñendo un día, mentalizándonos previamente para que non nos pille de sorpresa. Mellor así. Máis que nada porque eu xa non almorcei e paso de comer… ¡Hai que reservar sempre un espacio estomacal para os postres!
O tío do Froiz quedou flipado cando miña nai empezou a sacar do carrito todo tipo de lambetadas. E vai ela, mírao con cara de “si, xa sei que é todo de chocolate!” e sóltalle: “Non, nada, é que miñas fillas van facer mañá a Festa do Chocolate!”. ¿E ti non vas comer, listilla? ;)

Pero, sen dúbida, a que máis emocionada está é miña tía. Pasa dos 40 anos, pero cando falei con ela onte tiña a voz dunha nena na noite do 5 de xaneiro. O que máis me gusta dela é que sabe rir con calquera chorrada, e ten unha das risas máis contaxiosas que vin na miiña vida. É coma unha pícara, pero con fillos.

 E falando de fillos, este ano contamos ademáis cun invitado de honra, o primeiro home que vai poder participar neste ritual familiar… É o meu afillado, que ten catro mesiños. Chamámoslle o Pequeno Buda, polo gordecho e pachorrento. El aínda non vai poder disfrutar desa irrefrenable liberación de endorfinas e serotonina que se experimenta ó comer cacao, pero é que todavía non está preparado.

Temos que ir entrenándoo dende cativo… Alcanzar o noso nivel non é cousa doada!

¡Benvido á familia, Pequeno Buda!

One Response to “FieSTa del CHoCoLaTe :P”

  1. ghanito Says:

    Paréceme unha tradición caralluda… ainda que neste caso non sería o adxectivo mais axeitado.
    ¿Admítense convidados? :P

Leave a Reply