Día dos Dereitos Humanos

Tal día coma hoxe, un 10 de decembro de 1948, a Asamblea Xeral da ONU aprobou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Só dous anos máis tarde, en 1950, esa mesma asamblea decidiu convidar a tódolos países interesados a que conmemorasen a devandita aprobación.
Dende entón, cada 10 de decembro se celebra o Día dos Dereitos Humanos.
Este ano foi especial, porque o celebramos coa morte de Pinochet ós seus 91 anos. Eu non digo máis nada, cada un que saque as súas propias conclusións…
Descanse en paz… se é que pode…
decembro 11th, 2006 at 5:22 pm
Triste casualidade. E que non descanse en paz por toda a eternidade.