O Pequeno Buda xa é cristiano na fe de Deus

osito-geddes.jpg

Foto: Anne Geddes

O que vén a dicir o título, basicamente, é que hoxe bautizamos ó meu afillado, o Pequeno Buda, o bebé máis guapo do mundo.

Miña tía prometérame que non iamos ter que rezar, nin ler, nin coller ó neno… ¡Menuda emboscada! Tocoume ler a lectura, as preces, renunciar a Satanás (menos mal que tiña os dedos cruxados jejeje!) e soster ó neno un cacho. Collino mal xa de primeiras, e case se me cae. O cura ríase mentres rezaba o Padrenuestro, porque me vía con cara de “Xa non podo máis co monstro este no colo”, e eu mentres intentando manter a verticalidade sobre os meus tacóns descomunais, e escoitando de fondo as risas de miñas irmás meténdose comigo. Xa non sabía como conter a risa.

Logo, unha vez rematada a cerimonia coas correspondentes renuncias ás seduccións de Satanás, fomos a casa de miña tía e comimos coma cochos… para non variar. Estiven ben de tempo xogando co pequeno. Ó principio, os primeiros meses, non me quería nada, e cando lle falaba torcíame a cara. Pero agora inventeille a canción de “¿Dónde está el bichet?”, a que sempre lle canto mentres lle fago agarimos e lle toco o nariz (tolea coa risa cando lle tocan o nariz), e xa me quere. Ri cando lle fago as festas, e cólleme a man e empeza a xogar cos meus dedos. Logo vomítame toda por riba, e eu límpoo e doulle un biquiño. ¡Tenme namorada este pequeno!

En canto teña dentes e cheguen as Pascuas, voulle regalar o que eu sempre quixen e os meus padriños nunca me cpmpraron: unha casiña xigante de chocolate, con pitiños deses amarelos coas patas de aramio e flores comestibles.

One Response to “O Pequeno Buda xa é cristiano na fe de Deus”

  1. A Randeeira Says:

    Parabéns por ise novo cargo afectivo-sentimental.

Leave a Reply