El fúrbol eh asín

Sonche cousas dó futbol… Cannavaro é o Fifa World Player e agora o Vaticano quere formar un equipo que xogue na Primeira División  italiana, na Serie A. Aí o vai, o Vaticano Futbol Club.

Así o confirmou o cardeal Tarcisio Bertone, un cardeal coñecido pola súa aficíón ó ‘calcio’ (tifoso da Juve) que xa soara na prensa hai uns anos como un dos ‘papables’, é dicir, dos posibles candidatos a Papa. ¡Vaia ritmo de vida leva este home!

O caso é que segundo a SER, este señor xa fora locutor de fútbol anos atrás. Quere fichar como entrenador ó ex-seleccionador italiano, que seica provén dunha familia con raíces cristianas e el mesmo é católico practicante.

Bueno, eu marcho correndo pa clase, que non se pode estar en misa e facendo soar as campás. ¡Chego tarde!

3 Responses to “El fúrbol eh asín”

  1. A Randeeira Says:

    Agardemos que o equipo do Vaticano non teña axudas “celestiais”.

  2. mendinho Says:

    O adestrado vai ser Fabio “Capella”.

  3. Mar e Lúa Says:

    Jajajaja, moi boa, mendinho!

    ¿Darán moitas ostias? ¿Como celebrarán os goles?

Leave a Reply