Queda pouco
Queda pouco para que chegue Papanuel, apenas unhas horiñas. Non sei que me entrou hai un rato (ultimamente non sei nada da miña vida), que noto que me falta algo.
Despois de ler un post de Apocalipse do porco decateime de que hai algo que está a cambiar: o curro, os traballos de clase, as présas, a falta de tempo… estanme a rouba-la ilusión. O Nadal xa non é o que era.
Queda pouco de cando era nena, vou medrando (e non sei se tamén madurando). Xa non escribo a carta ós Reis, xa non vou ver a Papanuel ó Carrefuá, xa non me paro nos escaparates a ver se están dentro das tendas comprando os regalos para tódolos nenos que se portaron ben. Xa non teño ganas de comer turrón, nin de axudar á miña nai a poñe-los pratos na mesa, nin de taparme o nariz coa bufanda cando saio á rúa, nin de saltar no sofá cando soa a última badalada, nin sequera de levar a cabo ese arduo proceso de “pelado e despepitado das uvas”.
Todo quedou xa atrás, perdín gran parte da miña capacidade de disfrutar do tempo libre. Perdín a inocencia, gran parte da miña ilusión.
¿Que será o próximo? Quero recuperar todo iso, aínda que só sexa para axudar ós que agora son os peques da familia a vivir o Nadal como o vivín eu cando era cativa coma eles. Gustaríame saber transmitirlles todo iso que xa case non me queda: a imaxinación, a capacidade de asombrarme, os nervios ó rachar un papel de regalo, as ganas de encher o árbol de guirnaldas de cen mil colores distintos.
Aínda que supoño que eles xa irán servidos de todo iso… Voume deixar contaxiar polos peques da casa.
En calqueira caso, deséxovos un bo Nadal a todos os que de cando en cando pasades por aquí e aturades as miñas trapalladas. Espero que nunca perdades de vista ó neno que din que hai dentro de cada un de nós.
decembro 25th, 2006 at 8:37 pm
Felices festas para ti tamén
maio 6th, 2007 at 1:26 am
porno cel foto…
» Blog Archive » Queda pouco…