Noite monárquica
Meu pai sempre me di que é unha tontería ser republicana, porque a maioría dos países con mellor calidade de vida en Europa son monarquías. A min non me importaría, se os reis fosen coma os que van vir esta noite.
Normalmente sempre me deprimo por estas datas: a volta á facultade, os días tan curtos, o frío, o egoísmo disfrazado de caridade, os villancicos (mira que son noxentos!!)… Pero este ano non mo vou permitir.
Así que, sensiblerías aparte, hoxe vou levar á cabalgata dos Reis Magos á miña prima pequena. Imos recoller caramelos, coma sempre, intentando desviar os que veñen directamente ós ollos cunha forza insospeitada nun neno de 7 anos. Vouna coller no colo cando cheguen os tambores e os cabalos (é que lle dan medo). E imos pasar por unha cafetería de camiño a casa para tomar un chocolate ben quentiño. Cando cheguemos, o roscón de Reis estará na cociña, presidindo a mesa, sen que ninguén saiba cando o puxeron alí (xúrovolo, nunca xamais conseguimos pillalos in fraganti nese momento, a pesar de que sempre estamos na casa). Logo, cando a veñan buscar, seguirei pensando no bonita que é esta noite cando se é pequeno…
E de grande tamén. Teño previsto poñer o despertador para que soe a cada hora, e levantarme ó salón a ver se xa están os regalos e se os camellos xa beberon o leite. A miña experiencia dos últimos anos dime que adoitan pasar bastante tarde pola miña casa, non antes das 8. ¿Será que dubidan entre os agasallos e o carbón? ¡Eu fun moi boíña!
Non o sei, xa vos contarei…
xaneiro 7th, 2007 at 10:55 pm
Hai anos que non vou a unha cabalgata e mentres non vaia a unha con Leo valerame esta que fixeches coa túa prima. Porque esta noite é máxica e seguirá séndoo.
xaneiro 8th, 2007 at 1:03 pm
Para min é o único día do ano que aturo a realeza e outros noxos semellantes.