Conta atrás
Empeza xa a conta atrás… Non queda nada para os exames, e a verdade é que aínda non me puxen a estudiar en serio. Mañá empezo, que hoxe estou derrengada. Este ano vai ser duro, pero polo menos remato cedo e poderei descansar no Entroido. Logo estou pensando en irme a Barcelona de viaxe. Quero alonxarme un tempo de todas as cousas que teño macerando na cabeza.
Unha desas cousas que me raian é un amigo. Coñézoo dende hai uns meses, pero dende decembro estabamos véndonos bastante. Un café con el nunca dura menos de tres horas, independentemente do traballo que teña ou da présa que leve… Así empezamos a coñecernos máis, a falar bastante e a contarnos cousas máis personais. As nenas din que lle gusto, e que é o típico tío co que eu estaría ben… Non sei de onde sacan iso, pero en fin…
O caso é que sempre me manda indirectas e me di cousas bonitas, pero eu son un pouco toxo e nunca lle sigo por eses camiños. Teño pánico a esas cousas. Mellor dito, fobia. Creo que eu non vaio para ter unha relación seria nin nada diso.
Pero o peor é que de tanto como mo dixeron, acabei por crer que podería estar ben cunha persoa así. A verdade é que é moi bo, non me dá a sensación de que sexa desas persoas que van a foder ó resto do mundo. Estou feita un lío con iso, e agora non é o mellor momento para pensar en cousas que non estean escritas nos meus apuntes fotocopiados…
Hai xa uns días que non falamos nada, paréceme raro que non me mandase mensaxe. Ó mellor está moi ocupado, ou simplemente espera a que o mande eu. Pero non sei se mandalo, porque non sei nin que dicirlle nin se o quero mandar.
O mellor vai ser que vaia pa cama e me deixe de lerias. Xa mañá verei que fago… se consigo decidir algo.
xaneiro 20th, 2007 at 11:08 am
vaya, vaya¡, ¿no estarás enamorándote de ese ” cualquiera”. yo tampoco valgo para relaciones serias y no sé cómo decírselo a mi novia, llevo 19 años con ella…
xaneiro 20th, 2007 at 8:22 pm
no sé si creerte
xaneiro 21st, 2007 at 11:50 pm
O amor e as relacións nunca se sabe como van sair. Eu pensaba durar pouco con Ana e xa ves: anos e anos xuntos…e os que quedan. Ogallá teñas a mesma sorte ca min con ese ou con outro rapaz.
xaneiro 24th, 2007 at 1:12 am
Ninguén está preparado/a para relacións serias, pero chegan sen avisar, coma me pasou a min…
Poderias mandarlle un sms dicindo: Ola! como che vai? ando un pouco atarefada…
calquera excusa é boa.
Moita sorte co rapaz e cos exames, eu sigo chapando