Conclusións e moito que aprender
Xa non queda nada para os exames, e vou fatal de tempo. Sen embargo, mirade, aquà estou, pegada ó portátil, buscando unha posible vÃa de escape para os meus pensamentos.
Non me entran os apuntes na cabeza, e todo porque “alguén” está ocupando todo o meu espacio cerebral por algo que fixo… Bueno, que eu creo que fixo, para ser máis exactos. Velaà a miña teorÃa manÃaco-paranoide:
Creo que está asàa medias con algunha outra rapaza. Isto dÃgoo baseándome en que estivemos falando dous dÃas no messenger e foise porque quedara, e tamén en que o outro dÃa veu á miña casa un momento pola tarde e invitámolo a quedar a cear, pero dixo que non e marchou. Esa noite mandeille un sms por unha parvada e non me contestou, e o dÃa seguinte pregunteille por casualidade que tal lle fora logo de marchar da nosa casa… e dÃxome que quedara para cear.
Conclusión: quedou coa rapaza esa, e por iso non me contestou a mensaxe. ¿Por que non me dixo en casa que quedara para cear con outra(s) persoa(s)? Eu non lle Ãa preguntar nada, nunca o fago.
Por unha banda, vexo completamente normal que estea xa cansado de min, polo toxo que son. Non me sae contestar un piropo cunha frase bonita, e todo o tomo a cachondeo. Pola outra banda tamén o vexo normal, porque somos amigos dende hai pouco, e como son unha tÃa pois igual lle daba corte…
O peor é que non sei por que me raio. Eu sempre paso destas cousas, nunca me importaron moito, e o feito de que me estea a raiar agora fai que me raie aÃnda máis, e asà non podo estudiar!! E non lle boto culpa ningunha, porque non lle din moito pé e non lle podo botar nada en cara.
E a pesar disto non teño a sensación de que me guste nin de “quéroo só pra min”. ¿É puro egoÃsmo? Pois xa está, non quero ser egoÃsta, asà que xa me estou poñendo a estudiar… A ver se me concentro algo logo deste desbaralle.
febreiro 17th, 2007 at 6:08 am
Thank you! I have found many answers to the questions, very good resource, I wish you prosperity and successes.
febreiro 18th, 2007 at 8:25 am
A lot of helpful information the resource has found on your site, thank very good! I wish ñäåîëàòü you a site even better, thank!