Día de perros

Xa había tempo que non choraba (creo que dende a última vez que o puxen no blog), pero hoxe non puiden aguantar máis. O exame que tiña saiume fatal, non conto aprobar sequera. Non pasa nada, xa o sei, pero é que o cansancio acumulado xa se empeza a notar.
Volvín a casa tarde de Santiago, e miña irmá fíxome sacar ó can a pasear porque ela “xa o saca tódolos días que eu estou en Santiago”. Cabreeime moito, porque xa levaba perdida toda a tarde pa estudiar e o luns teño o exame máis difícil deste ano e apenas empecei. Co cabreo apaguei tres luces a puñetazos e fíxenme dano (estame ben, a ver se así aprendo a portarme como unha persoa normal…), e cando ía pola rúa non puiden evitar que se me caesen unhas cantas bágoas. Un par delas só. Non son capaz de chorar case nunca, pero desta, coa decepción polo exame, o estrés e o cabreo…
O peor é que estou morta xa. Os meus chutes de jalea real e fósforo empezan a ser pouco, creo que pa estes cinco días que me quedan vou ter que pasarme ás anfetas… Ademáis, este finde tamén teño que traballar. Dame a sensación de que non me serve de nada quedarme ata as tantas e enclaustrarme en casa.
Non podo deixarme ir agora, xa quedan só uns diíñas de nada (os peores, pero seguro que han ter 24 horas coma todos, aínda que non sei se iso é bo ou malo…). Estou desexando rematar, co que sexa, xa nin me importa a nota do expediente. Só quero vivir un pouco