PU-TA-DA

Acábanme de facer unha auténtica PU-TA-DA no traballo, así, con tódalas letras, as sílabas ben marcadas e con maiúsculas.
Avisáronme hoxe mesmo, ás dez da noite, de que mañán (domingo) ás doce teño que ir cubrir unha cousa a Arcade. E teño que ir eu, porque non teño exames nin estou agobiada… E como o luns non teño o exame máis difícil deste ano, do que aún me queda unha parte por estudiar, ¡pois veña! ¡Que vaia a rapaza! Tiña todo previsto para poder estudiar mañán pola mañá, con calmiña, e repasar con tempo abondo. Agora vou ter que levantarme ás nove despois de me ter deitado ás tres, ler catro ou cinco follas e marchar para alí. Non chego antes das dúas e media a comer, e logo ás cinco entro ó choio. ¡E o exame o luns!
Joder, xa é o segundo día consecutivo que choro, pero desta é con ganas. Todo me está afectando moito, por moi parvada que sexa. E miña nai vai na cama xa, non quero espertala para que me escoite como me laio das miñas tremebundas desgracias. E non sei como se chega a Arcade, e non sei nin que carallo teño que facer, e non sei os apuntes, e as miñas amigas non me collen o móbil, e as miñas irmás non contaron comigo para a cea e chego ás doce e teño que poñerme a fritir algo… E non atopo as gafas para poder estudiar, e ninguén se preocupa por min despois de medianoite.
E cada día me sinto peor, sen folgos e sen ninguén que se decate de que en realidade son moito máis débil do que deixo ver, que só o fago para protexerme.
Non vou dar aprobado por culpa da merda esa que me jode todos os meus plans
(Xa sei que me vou arrepentir de ser tan tonta e escribir todo iso, pero é o que hai agora mesmo… FOTO DE MAN RAY)
febreiro 4th, 2007 at 2:57 am
Todo o mundo, desde fóra, pensa que estudar não é um trabalho,mas algo assim coma umha caralhada.
Mas não é certo. É um trabalho duro e não remunerado, nem económicamente, nem,às vezes, com conhecementos e saber.
Eu há muito tempo que deixei de estudar nas instituções habilitadas, e confeso que fui um descanso. Desde aquela, aprendi muitas cousas mas quando, como e o que a mim me dou a gana.
Ánimo, mulher. Verás como che sai bem a prova.
E não sejas muito exigente contigo mesma, porque, ao fim, a Universidade, salvo honrosas excepções, não é para tanto
setembro 21st, 2008 at 1:49 pm
cialis
setembro 27th, 2008 at 10:57 am
levitra
outubro 17th, 2008 at 11:04 am
viagra
outubro 18th, 2008 at 6:22 am
Well I can just say that Marvelous Job. Thinking beyond my limits