O último esforzo…

¡Vamos, que xa non queda nada!

Despois do meu patetiquísimo exame de onte, mañá xa me queda o último deste cuadrimestre. ¡Que gracioso: o mércores pasado empecei os exames e mañá mércores fago o cuarto! ¡E aínda non sei ningunha nota! (Case mellor…)

O meu cerebro está máis atrofiado ca nunca, e non podo estudiar o de mañá. Quedan 3 opcións:

1. Non presentarse

2. Presentarse e suspender

3. Presentarse e non suspender porque levas unhas pouquiñas… ejem… “axudas visuais”

Non sei que facer, a verdade. Nunca tan tonta me sentín. Podería tardar unha hora en chapar un folio…

Para liberar a miña mente un ratiño vou ir facendo nun post-it a lista das cousas que quero facer ó remata-lo último exame. Unha delas vai ser poñerlle pegamento ós mandos da Play e esperar a que a suor despegue os meus dedos del, xogando sen parar.

E tamén vou ir recoller as fotos da orla (Socorro!!!), e comprar algo bonito para celebralo, e ir coas nenas tomar unha caña sen levar a mochila colgando ás costas. E vou dar un paseo simplemente porque teño tempo. E non vou levar paraugas, porque se me poño pingando xa me darei unha duchiña ben quente ó chegar a casa, e de paso lavo o pelo e o seco co secador (toma!). E vou comprar lambonadas e chocolate de Lacasitos para as nenas, que aínda lles quedan exames, para que teñan moitas forzas e ánimos. E vou levar revelar o carrete de fin de ano.

E vou durmir tanto que vai dar tempo a que me curen as feridas do pegamento nos dedos.

2 Responses to “O último esforzo…”

  1. mendinho Says:

    Ah, eu xa rematei onte!!! O malo é que non podo durmir: toca traballar.

  2. bandini Says:

    ánimo chica, y no olvides supervitaminarte y mineralizarte

    un saludo

Leave a Reply