Crise de personalidade
Nestes días de descanso e de vacacións, a miña crise de personalidade foi a máis en vez de desaparecer, como pensaba que acontecería.
Non sei que é o que me pasa, pero xa non teño forza nin ganas de nada. Erguerme polas mañás é un suplicio, un castigo. E moito mellor me sería quedar na cama, porque ultimamente non me sae nada ben, meto a pata con todo o que fago.
Todo comezou porque empecei a notar que me faltaba algo, pero non sabía o que. Pensei que ó mellor podería ser porque me sentía sola, porque son das únicas “non-casadas” das miñas amigas, ou porque elas non se decataban de que eu andaba tristeira eses días. Cada unha estaba cos seus exames, e claro, non estaban para caer en que cando eu non falo é que necesito falar.
A raíz diso, pensei que podería ser bo deixar a un lado esa fobia que teño ás relacións e ós sentementos. E non sei por que, pensei que entón sería necesario deixar de ser tan “macholo”, e propúxenme ser máis feminina: deixar de dicir tacos, sentarme ben á mesa, interesarme por cousas de chicas… As nenas do piso animáronme moito para que me arreglase máis e coidase algo o que levaba posto, mentres que os nenos do traballo me dixeron que non crían nin palabra, e así pasaron un par de semanas.
Agora estou aquí, sen que ninguén saiba como me sinto, e cada vez con menos ganas. O único que quero é pasar a noite en vela para poder durmir todo o día e que o tempo se pase máis rápido.
febreiro 20th, 2007 at 11:20 pm
Non che sairá nada ben, pero o que acabo de ler contradice a idea principal. Aljo fas ben: escribir.
E creo que tes unha vida interior poderosa.
Eu vou vello, cara os 60, e tampouco sei o que fajo aquí…Pero aprendín que, en realidade, ningué o sabe, aínda que moitos presumen de sabelo.
Cando era do teu tempo lin unha cousa nunha novela. Un preguntáballe a outro polo sentido da vida, e o outro díxolle que a vida era como unha alfombra persa. Moi bonita pero indescifrable.
Mándame á merda se queres. Farás ben.
febreiro 20th, 2007 at 11:40 pm
Penso que o que tes que facer e ser ti misma e seguir os impulos do teu corazón e maila mente, Cada un é como é cos seus defectos e a súas virtudes, unha delas é que escribes moi ben e se sabes todos eses idiomas as relacións para ti sonche moito máis amplias que os que non sabemos. Levanta o ánimo que “carallo” e cos teus anos a romper o mundo.
febreiro 21st, 2007 at 12:22 am
Sé ti mesma, se és feliz.
Ánimo que estas crises rematan pasando.