Moitas gracias
Moitísimas gracias a todos, de verdade. Non sei nin como me sinto despois de todos eses comentarios… Só podo dicirvos que non sei nin como darvo-las gracias. Animáronme moito.
Hoxe, despois de dous días en cama, sen levantarme nin sair á rúa, nin falar con ninguén, en pixama todo o tempo, por fin decidin erguerme. Foi un esforzo enorme, pero ó final conseguino. Ducheime, vestinme e sain. Fun ver unha exposición de fotografía, na que había cousas dun dos meus favoritos, Chema Madoz. A medio camiño pensei en volver a casa e deitarme outra vez, pero seguín camiñando, evitando as rúas do centro para non ter que cruzarme con ningún coñecido. Vin a exposición, que tampouco me pareceu gran cosa, e logo fun comprar algunhas chucherías, esquivando ós nenos disfrazados que se cruzaban no meu camiño.
Ó chegar a casa falei cunha das miñas mellores amigas, unha das do piso, e conteille o que me pasaba. Meus pais están empezando a decatarse de que algo non vai ben, e meu pai xa me chamou a falar con el. O que pasa é que non teño tanta confianza como con miña nai, e a el non lle podo contar nada porque non hai nin seis meses que morreu meu avó. Ademáis ten tendencias depresivas. O que non quero é ser unha carga.
Así que creo que falarei con miña nai cando volva á noite de sair (cando volva ela, que eu xa nin saín porque non teño forza para facer nada). Non quero volver ó médico a que me empastille, así que xa verei como facemos.
Haberá dous anos tiven que ir ó médico porque estiven bastante mal de ánimo. Estivera anos sen que ninguén o notase, e cando xa non puiden máis miña nai estivo aí, animándome e guiándome. Axudoume un montón, e conseguiu que por fin fose ó médico. Deume unhas pastillas que tomei durante uns meses, pero logo empecei a notarme mellor e deixeinas. Non llo dixen a ninguén tampouco, e ninguén o sospeitou. Recupereime sola, pouco a pouco. Por esa época morreu un dos meus avós, era a primeira vez que me pasaba algo así tan de preto, e seguín sen pastillas, apoiando ós que estaban peor ca min. Polo verán conteille a miña nai e ó médico que deixara as pastillas, e xa nunca maís souben delas.
Iso é o que quero: sair adiante sen pastillas nin merdas desas, co apoio de miña nai e as miñas amigas de verdade, e volver sair reforzada. Prometo que non vou ser unha carga, e que vou corresponder ó esforzo que fagan por min para recuperarme pronto.
Moitas gracias de novo a todos…
febreiro 21st, 2007 at 2:29 am
Bravo rapaza, segue así e sempre terás por estas cousas da rede ou sexa os “trebellos eleutrónicos” todo o apoio que sexa necesario. Nembargantes isto do virtual, non convence moito pero coido que algo facerá.
Gracias pola túa visita.
febreiro 21st, 2007 at 10:49 am
Estou convencido que vas poder.
Pero de tódolos xeitos tampouco, dijo eu e non me fajas caso que moitas veces nin sei o que dijo, te obsesiones moito co conto de non tomar “pastillas”. Penso que ás veces pode ser preciso e sejuramente neses casos fan máis ben que mal…E, despois de todo, todos tomamos as nosas “pastillas” dun xeito ou outro…
En todo caso a tirar padiante, que non queda outra.
Ás veces tamén fainos ben “relativizar” as cousas e mirar para o que pasa derredor. Perdona a obviedade e o tufo paternalista, pero hai milleiros de rapazas no mundo que darían anos da súa vida por vivir nas túa situación…
Teño medo de estar decindo estupideces que non che axuden nada. Non é a miña intención.
Ánimo miña nena.
febreiro 21st, 2007 at 4:43 pm
Tedes razón… Non merece a pena estar sempre así. Sei que hai xente que ten moitos máis motivos ca min para estar triste, pero ás veces non se pode evitar, e fas caída libre así porque si… jejeje.
Hoxe voume obligar a sair coa miña familia dar unha volta. Vou ver se atopo o momento para falar con miña nai e contarllo, sei que ela tamén me vai axudar. Polo de agora xa botei unhas canastas cun anaco de pan na bolsa do lixo coa miña irmá pequena… É un paso, ouh?
De novo gracias, porque aínda que non o creades animoume moito ler os vosos comentarios
Unha aperta!
febreiro 21st, 2007 at 6:39 pm
Adiante con forza … como un ave Fénix