Pois vai ser que non…

Pois vai ser que non, que a miña racha de mala sorte non acaba aquí. Estaba moi decidida a volver arrancar de novo coa miña vida normal, pero é que non podo. Non paro de recibir palos por todos lados. O peor é que sei que non é tan grave, pero non podo asumir as cousas, e fanme moito dano.

Onte entereime de que suspendín outra asignatura máis, e xa vai a segunda nun cuadrimestre… Non estou afeita a suspender, e sentín que todo o meu esforzo non me valeu de nada. A isto uniuse que había un tema das miñas dúas mellores amigas de clase que me molestara moito, e co baixón estoupou todo.

Miña nai pilloume chorando, e portouse moi ben. Quedou comigo ata que parei, acompañoume ó traballo, ofreceuse a vir buscarme, falou comigo… É a persoa que máis se preocupa por min do mundo. Pero eu son idiota, e non me podo controlar. Para agradecerllo, hoxe faleille fatal por unha tontería. Díxenlle que non confiaba en min, porque así mo pareceu. Dóeme moito que non confíe en min, porque ela é a única persoa na que eu confío ás cegas, e quero que ela tamén se poida apoiar en min… pero agora xa non vaio para iso, e en vez de ser un apoio jodinlle o día de Ravachol, preocupeina e fíxenlle sentir mal. Son o peor… Necesito saír da casa, pero non teño nin forzas nin sitio onde ir agocharme de todo.

Non sei como coller todo isto, e o que menos quero é facerlle mal a ela. Por fóra intento que pareza que estou ben, pero xa me empeza a ser difícil disimular. Onte no traballo os meus compañeiros non paraban de dicirme que tiña mala cara, e case me poño a chorar outra vez alí. Non quero que ninguén o saiba…

Perdoádeme por estes posts que escribo ultimamente, sei que son un coñazo, pero é que me sinto tan perdida en medio de todo que non sei nin o que teño que facer.

8 Responses to “Pois vai ser que non…”

  1. ninsesabepuntocom Says:

    Non hai no mundo nada máis grande que o amor dunha nai.
    Quérennos tanto que acaban perdoándonos todo, por moita xudiadas que lle fagamos.
    E teñen tal intuición e tanta sabiduría que saben moi ben que non lle queremos facer dano por moito que nos esforcemos en aparentalo.
    Así que túa nai xa sabe que lle queres, que non lle queres facerlle mal, que non eres ningunha idiota, e que estas cousas pasan na vida sen que sepamos moi ben por que. Bueno, polo menos eu non sei aínda hoxe por que ás veces facía as cousas que facía.
    En canto ó suspenso, que lle den morcilla.
    Eres moi nova e ó final vas conseguir o que persigues, tou sejuro.
    Perdóname se son un pouco “pelma”.

  2. ninsesabepuntocom Says:

    Ah, casi me esquenzo.
    ¡Pois vai ser que sí!

  3. Natyara Says:

    Pensa que non hai mal que cen anos dure, aprende a apreciar as cousas pequenas da vida, e vivirás moito mellor.
    Moitisima sorte, un saúdo

  4. ninsesabepuntocom Says:

    Pois eu si que sei como podes agradecermo: escribindo cousas fermosas como ti sabes para que eu disfrute léndoas.

  5. a randeeira Says:

    hai que coller ánimos onde sexa e loitar, loitar moito … adiante

  6. Marinha de Allegue Says:

    Confía nas túas posibilidades e non penses que eres o peor pq faiche moito dano en valde. Desfruta da confianza da túa nai e contempla estes momentos como grandes momentos de apertura e aprendizaxe.

    Unha aperta grande e enerxética.
    :)

  7. sarampelo Says:

    Non desesperes, coido que eres dabondo forte e sendo nova como eres tes moitas posibilidades de superar todo, aveces as cousas máis insignificantes son as que che poden axudar. Escribe esas cousas fermosas que escribes, iso axuda moito. Confía na túa nai, unha nai sempre quere o meior para os seus fillos.
    Conta conmigo no que queiras.

  8. mendinho Says:

    Penso que tes que liberarte do sentemento de culpabilidade. Todos podemos cometer erros cando estamos baixo presión, tamén que alguén se porte mal non quere dicir que non o queiramos e de feito tampouco podemos controlar como se comporten outras persoas.

Leave a Reply