Bueno, vale, de acueddo… Pois vai ser que si!

Veeeeña, POIS VAI SER QUE SI. Xa levo un par de días bastante mellor, con algún pequeno momento de baixón, pero bueno, imos indo que non é pouco, como se di por aí. Outra vez mil gracias a todos, que me estades dando moito ánimo.

Bueno, hoxe foi un día importante. Volvín a Santiago e xa empecei a ir a clase despois da época de exames (léase “catástrofes, jejeje) . Veume moi ben ter de novo obligacións e cousas que facer, porque así polo menos oblígome a levantarme e aproveitar o tempo. ¿Quen mo ía dicir? Estaba desexando que empezasen as clases outra vez!! Esta semaniña será de comprobación e asentamento, pero creo que vou polo bo camiño.

Así que a partir de agora xa poderedes esperar posts máis alegres, coas parvadas que me van pasando no día a día, as tonterías que facemos no piso e todo tipo de cousas raras.

Moitas gracias a todos pola vosa axuda e a vosa paciencia. Xa vos contarei como vai a semana.

Unha aperta moi forte!!

4 Responses to “Bueno, vale, de acueddo… Pois vai ser que si!”

  1. ninsesabepuntocom Says:

    Pois claro que vai ser que si.
    Espero os teus posts

  2. sarampelo Says:

    Adiante, e a romper balos de formigón se se poñen no camiño.
    Agardo os teus escritos

  3. turonián Says:

    Eu xa me fixen seareiro. Co seu Ravachol me ha conquistado señorita embaixadora.
    Ás veces darlle voltas ao propio estado de ánimo acaba modificándoo e case nunca para ben. Confésallo un nostálxico compulsivo.

  4. mendinho Says:

    Eu tamén ando esperando pola notas do primeiro cuatrimestre e estou dos nervios.

Leave a Reply