Empezando con forza
Creo que o luns me debeu coller o frío, pero as cousas van mellor aquí en Santiago que en casiña. A culpa do resfriado é das miñas compañeiras de piso, que están tolas. A unha delas déronlle por fin, despois de oito meses, o seu título de licenciada en papel. Non podiamos deixar de celebralo, ¿non? Así que, a golpe de luns, collimos e quedamos con outras tres rapazas. Elas fóronse prontiño, pero as do piso quedamos.
Estivemos ata as tantas (máis das sete), e ó día seguinte non conseguín erguerme para ir á primeira clase que tiña… pero bueno, son os primeiros días, tampouco podemos empezar de golpe, que igual me crea un trauma jejej
Onte instauramos unha nova tradición: os martes toca ver House, as tres nos sofás do salón, coa mantiña nas pernas, e comendo palomitas.
Ah! E unha nova tradición para min: voume apuntar ó ximnasio!! Elas non me acompañan (cousa rara, porque estes días non me deixan sola nin un segundo) por incompatibilidade de horarios. Pero non pasa nada, porque se tal xa nos poremos xuntiñas a facer “batuka” dese logo de comer…
marzo 1st, 2007 at 1:59 am
Parabéns por ese bo comenzo, ir o ximnasio é unha boa forma de levantar ó ánimo. persoalmente a min a batuka non me ia moito asi que optei por Body- kombat, é algo así como aerobic un pouco bruto, nun mal día non imaxina a de stress que eliminas.
Moita sorte
marzo 1st, 2007 at 3:19 pm
no se como llegue aqui, pero como no pude evitar leerte y me parecio tan fresco, solo un consejo no pedido….. que bonita la vida estudiante, aprovechala que todo lo bueno se acaba y luego solo queda echarla de menos
marzo 1st, 2007 at 7:43 pm
Ten razón Ex Traño…e tanto que a ten. En realidade ten razón aínda que lle quite o adxectivo “estudiante”: “que bonita la vida”.
Así que, a disfrutala…
A min quedáronme os versos de Garcilaso, no famosísismo soneto XXIII:
…
“coged de vuestra alegre primavera
el dulce fruto antes que’l tiempo airado
cubra de nieve la hermosa cumbre”
O do gimnasio, ai o do gimnasio…Un pouco tarde agora. Pero prometo empezar a ir á piscina, que a min gústame máis.
marzo 3rd, 2007 at 2:30 am
hola!!! preguntaraste quen e esta que che está a escribir pois ben…unha estudante de Publicidade que está desesperada e a punto de romper co ordenador por culpa dos blogs!!! é que teño que facer un pra unha asignatura de Deseño e non me entero de nada…estame a costar a vida levar adiante isto…e sempre é bo ter unha axudiña (menuda inderecta que che acabo de votar miña nai!!) jaja!!!
marzo 4th, 2007 at 8:24 pm
a mí también me gusta ver house con la manta y un mónton de pipas saladas…y un chorito de sifón.
marzo 4th, 2007 at 8:25 pm
quiero decir chorrito oiga…
marzo 5th, 2007 at 11:38 pm
gracias por la visita, no te ex trañe el desorden y vuelve cuando quieras, eres bienvenida a mi casa.
Respecto a mi comment, perdon por lo de “estudiante”, pero aún añoro mis tres meses de vacaciones, las escapadas de fin de semana desde el jueves, la juerga jueves, viernes y sabado y creia que le pasaba a todo el mundo… porque cuando se acaba, esa vida sencillamente no existe… … …pero no te preocupes, hay otras!!
marzo 6th, 2007 at 10:43 pm
Canto me alegro de que escampara, xa verás como o exercício vaite encher de enerxía e vitalidade.
unha aperta grande linda.
