Archive for febreiro, 2007

O último esforzo…

martes, febreiro 6th, 2007

¡Vamos, que xa non queda nada!

Despois do meu patetiquísimo exame de onte, mañá xa me queda o último deste cuadrimestre. ¡Que gracioso: o mércores pasado empecei os exames e mañá mércores fago o cuarto! ¡E aínda non sei ningunha nota! (Case mellor…)

O meu cerebro está máis atrofiado ca nunca, e non podo estudiar o de mañá. Quedan 3 opcións:

1. Non presentarse

2. Presentarse e suspender

3. Presentarse e non suspender porque levas unhas pouquiñas… ejem… “axudas visuais”

Non sei que facer, a verdade. Nunca tan tonta me sentín. Podería tardar unha hora en chapar un folio…

Para liberar a miña mente un ratiño vou ir facendo nun post-it a lista das cousas que quero facer ó remata-lo último exame. Unha delas vai ser poñerlle pegamento ós mandos da Play e esperar a que a suor despegue os meus dedos del, xogando sen parar.

E tamén vou ir recoller as fotos da orla (Socorro!!!), e comprar algo bonito para celebralo, e ir coas nenas tomar unha caña sen levar a mochila colgando ás costas. E vou dar un paseo simplemente porque teño tempo. E non vou levar paraugas, porque se me poño pingando xa me darei unha duchiña ben quente ó chegar a casa, e de paso lavo o pelo e o seco co secador (toma!). E vou comprar lambonadas e chocolate de Lacasitos para as nenas, que aínda lles quedan exames, para que teñan moitas forzas e ánimos. E vou levar revelar o carrete de fin de ano.

E vou durmir tanto que vai dar tempo a que me curen as feridas do pegamento nos dedos.

9 horas

luns, febreiro 5th, 2007

Quedan nove horas para o exame, e vou de cu… Hoxe pola mañá pasei tres horas e media fóra da casa, cubrindo o roio aquel. Case me perdo (vale, perdinme, pero volvín ó bo camiño) e non me enteraba de nada, a verdade é que foi un pouco chungo…

Levanteime ás sete e media (despois de durmir catro horas e pico) e fun para a cociña estudiar. Pero non me quedaba nada, e agobiábame porque sabía que non ía poder repasar nada. Saín ás once de casa e volvín cando a miña familia xa terminara de comer. Botei unha mini-soneca e fun ó traballo. Nos poucos minutos que me tiven libre aproveitei para botarlle unha ollada ós apuntes, pero non me cundiu nadiña tampouco. Saímos ás dez e media, ceei unha sopa que sabía asquerosa, cafeciño, e A9 dirección Santiago. Cando cheguei costoume moitísimo aparcar, e aquí estou, acabo de chegar agora á unha. Teño que estudiar un bo anaco aínda, así que vou empezar. A cafeteira xa está aí, medio fervendo…

(Perdoade que non me pase moito polos vosos blogs ultimamente, pero prometo que a semana que vén volverei da miña enaxenación transitoria.)

PU-TA-DA

domingo, febreiro 4th, 2007

man-ray-tears.jpg

Acábanme de facer unha auténtica PU-TA-DA no traballo, así, con tódalas letras, as sílabas ben marcadas e con maiúsculas.

Avisáronme hoxe mesmo, ás dez da noite, de que mañán (domingo) ás doce teño que ir cubrir unha cousa a Arcade. E teño que ir eu, porque non teño exames nin estou agobiada… E como o luns non teño o exame máis difícil deste ano, do que aún me queda unha parte por estudiar, ¡pois veña! ¡Que vaia a rapaza! Tiña todo previsto para poder estudiar mañán pola mañá, con calmiña, e repasar con tempo abondo. Agora vou ter que levantarme ás nove despois de me ter deitado ás tres, ler catro ou cinco follas e marchar para alí. Non chego antes das dúas e media a comer, e logo ás cinco entro ó choio. ¡E o exame o luns!

Joder, xa é o segundo día consecutivo que choro, pero desta é con ganas. Todo me está afectando moito, por moi parvada que sexa. E miña nai vai na cama xa, non quero espertala para que me escoite como me laio das miñas tremebundas desgracias. E non sei como se chega a Arcade, e non sei nin que carallo teño que facer, e non sei os apuntes, e as miñas amigas non me collen o móbil, e as miñas irmás non contaron comigo para a cea e chego ás doce e teño que poñerme a fritir algo… E non atopo as gafas para poder estudiar, e ninguén se preocupa por min despois de medianoite.

E cada día me sinto peor, sen folgos e sen ninguén que se decate de que en realidade son moito máis débil do que deixo ver, que só o fago para protexerme.

Non vou dar aprobado por culpa da merda esa que me jode todos os meus plans :(

(Xa sei que me vou arrepentir de ser tan tonta e escribir todo iso, pero é o que hai agora mesmo… FOTO DE MAN RAY)

Día de perros

venres, febreiro 2nd, 2007

apuntes.jpg

Xa había tempo que non choraba (creo que dende a última vez que o puxen no blog), pero hoxe non puiden aguantar máis. O exame que tiña saiume fatal, non conto aprobar sequera. Non pasa nada, xa o sei, pero é que o cansancio acumulado xa se empeza a notar.

Volvín a casa tarde de Santiago, e miña irmá fíxome sacar ó can a pasear porque ela “xa o saca tódolos días que eu estou en Santiago”. Cabreeime moito, porque xa levaba perdida toda a tarde pa estudiar e o luns teño o exame máis difícil deste ano e apenas empecei. Co cabreo apaguei tres luces a puñetazos e fíxenme dano (estame ben, a ver se así aprendo a portarme como unha persoa normal…), e cando ía pola rúa non puiden evitar que se me caesen unhas cantas bágoas. Un par delas só. Non son capaz de chorar case nunca, pero desta, coa decepción polo exame, o estrés e o cabreo…

O peor é que estou morta xa. Os meus chutes de jalea real e fósforo empezan a ser pouco, creo que pa estes cinco días que me quedan vou ter que pasarme ás anfetas… Ademáis, este finde tamén teño que traballar. Dame a sensación de que non me serve de nada quedarme ata as tantas e enclaustrarme en casa.

Non podo deixarme ir agora, xa quedan só uns diíñas de nada (os peores, pero seguro que han ter 24 horas coma todos, aínda que non sei se iso é bo ou malo…). Estou desexando rematar, co que sexa, xa nin me importa a nota do expediente. Só quero vivir un pouco

No Ecuador dos exames

xoves, febreiro 1st, 2007

libro-espejo.jpg

Mañá teño outro exame, e despois dous máis e… POR FIN LIBREEEE!!Bueno, bueno, non nos emocionemos, que aínda vai pasarme coma noconto da leiteira… Ademáis, o máis chungo deste ano téñoo o luns (mamasiña que medooooo).

Onte tiven un, e non me saiu moi perfecto que digamos… A falta de tempo e as poucas ganas de estudiar están empezando a facer mella no meu expediente. Pero total ¿para que serve?

O caso é que por moito que me chute con jalea real e fósforo o meu cerebro está atrofiado e non dá para máis. ¡Que duro é o febreiro do estudiante traballador! Realmente non teño moito que contar, porque non saín á rúa e non vin a ninguén hoxe… Levo soliña dende as 9 da mañán. O meu plan de estudios réxese por unha norma básica:

2 temas = 1 siestecilla de 15min

Así me vai. Eu intento autoconvencerme de que así estou máis fresca e o cerebro memoriza mellor, porque durante a soneca ten tempo abondo para interiorizar os contidos que acabo de ler. Pero non sei por que, dame que non vai así o chollo…

¡QUE NERVIOSSSS!!!

(Ai, a foto é do incrible Chema Madoz)