O meu paraugas

Hoxe non parou de chover en Santiago en toda a mañán. Máis que chover, case diluviaba. Espertoume a chuvia batendo contra os cristais da ventá.

Despois dunha ducha quente e un té con galletas, collín o meu paraugas e saín. Foi un regalo dos Reis, un encargo directo de miña nai, que tiña medo a que me mollase cando chove de abaixo para arriba. Foi ela mesma a que lles explicou como tiña que ser o paraugas.

A primeira condición era que fose destes que se levan agora, que son transparentes, para que puidese ver as pingas caendo sobre min pero sen mollarme. Ademais, así nunca deixaría de ver o que teño diante cando vou camiñando.

A segunda condición era que, ademais de transparente, fose azul. Así sempre vería o ceo máis claro do que en realidade é.

Teño unha nai que é un sol, está en todo, ¿verdade? ¡Que riquiña é!

5 Responses to “O meu paraugas”

  1. Ex traño Says:

    xa se sabe que as nais son unicas…
    y o derroche de cariño e algo que as veces agobia ainda que poucas veces na vida atoparas alguen que de tanto non pedindo nada a cambio.
    ¡ que conste que ainda non son nai!
    saudos

  2. turonián Says:

    Eu de pequeno tiña un paraugas especial a miña relación con el era coma a dun apaixonamento e acabou da mesma dramática maneira. Era vermello e amarelo, con ollos e bico de parrulo. Gustábame que chovese para sacalo a pasear xunto coas botas de auga. Cando pola mañán cedo subía a persiana desexaba que fose o pior día do mundo para podelo sacar. Os amigos xogaban con el e nunca rompeu.
    Un día decateime que ao subir a persiana e ver que chovía non me alegrei. E mesmo levar o paraugas me resultaba algo violento. sentía que xa non era o mesmo e ao voltar a casa baixei do bus e cando non me mirou ninguén tireino a un lado e botei a correr pra casa.
    Era un neno ben grande e non podía andar con esas cousas de pequerrechos.
    Espero que ti acabes millor a historia co teu paraugas e se ten que ser morte, que sexa pola chuvia e o vento composteláns.

  3. zuco Says:

    que nai tan curriña!
    eu son imcompatible cos paraugas: ou me rompen ou os perdo…

  4. sarampelo Says:

    Os mariños temos por norma non meter un paraugas aos barcos (supertición dende tempos antigos). Por iso xamais usei un. O día que apareceu un paraugas no barco armóuse unha gorda de carallo, pero ninguén o quería coller para guindalo ao mar, ao final tirouno un mariñeiro, pero colleuno con papel para non tocalo. Cousas veredes, meu.

  5. ninsesabepuntocom Says:

    Temos que coidar moito das nosas nais (e de paso dos nosos pais) e non jardar nunca para nos as mostras de cariño, case sempre por orgullo. Así non nos arrepentiremos no futuro, e o sufrimento será menor.

Leave a Reply