Xa chega a primavera

¡Beeeen! ¡A primavera xa está chegando! Por fin empeza a sai-lo sol aínda que non vaia moito calor.

Espertar cando xa é de día e con ese calorciño que entra pola ventá xa parece que dá máis ánimos para levantarse, ¿verdade? A min prodúceme unha sensación xenial, de tranquilidade, de “ai, que ben estou”. Dáme preguiza erguerme, pero por outra banda toleo por saír á rúa.

E unha vez que saio, cando vou pola facultade, parece coma se o parque do Auditorio tivese outro ton distinto: é o mesmo verde de sempre, pero máis bonito… máis de primavera. Os días xa duran algo máis, e apetece máis ir tomas unhas cañas cos amigos, falar de todo e de nada.

E os capullos empezan a aparecer todos á vez polas cidades, coma se algunha forza divina os animase a mostrarse tal e como son. Coas súas cores vermello e amarelo inundan as nosas rúas, enchen de ledicia o noso día, facéndonos rir ata coller maniotas na barriga. Incluso parece que os oímos berrar na súa incomprensible linguaxe…

manifa1.jpg

¡¡Que bonita é a primavera!!

9 Responses to “Xa chega a primavera”

  1. a randeeira Says:

    canta plasticidade hai nos capullos!!

  2. mendinho Says:

    Eu pensaba que a banda central da bandeira española era dourada pero acabo de descubir bandeiras con amarelo fluorescente: impresionante documento.

  3. sarampelo Says:

    Eses capullos florecentes da foto, preto murcharanse xa que nin flor votaran, o que menos, florecerá uns cantos cactus.

  4. turonián Says:

    Molaba facer unha curtametraxe con ese argumento. É como un anuncio de compresas que se volve un alegato contra o facherío. Ten un final grandioso!
    Os celtarras, de Vigo, cantan por estas datas unha copla parecida.

  5. mendinho Says:

    Sarampelo, mais que capullos florecentes, os da foto son capullos fluorescentes.

  6. ninsesabepuntocom Says:

    Lamento ir contra corrente, pero eses capullos dos que falades non son propios da primavera, danse arreo ó longo de todo o ano, porque non precisan nin siquera a luz do Sol para desenvolverse.
    Antes ben ó contrario, o seu habitat natural son as catacumbas, e todo vai ben mentras non saian delas…

  7. Xan_Guindán Says:

    É curioso, eu fago o mesmo camiño ca ti tódolos días. O parque da música, a facultade…Pero nunca me fixei en que as cousas teñen máis. Non sei, estarei máis preocupado de tocarlle-las narices aos capullos.

    Saúde

  8. bandini Says:

    la calle es de ellos, pero los bares son nuestros..

  9. Eu no outro lado Says:

    Que bo o artigo! A min tamén me gusta moito a primavera, aínda seica hai xente á que lle da alerxia.

    Eu non che son moito de flores, son máis de monte esgrevio.

    Parabéns!

Leave a Reply