Soft Drink

Andaba por Internet cando vin en genniocalle unha noticia que me chamou a atención: Microsoft vai sacar á venda un novo producto… ¡¡un REFRESCO!!
¿A lata estará estratexicamente deseñada para encaixar perfectamente no oco do lector de CD’s, como contaba aquela lenda urbana do señor que o usaba como posavasos?
Eu non sei ata que punto crer esta noticia… ¿Vós que pensades?
marzo 14th, 2007 at 11:21 pm
Será certo pq xa o lin por varios lados, pero a ver quen é o ghuapito de cara que lle dá un grolo a un bebedizo deses.
marzo 15th, 2007 at 2:00 am
Unha vez, fai moito tempo, un vello amigo contoume unha historia. Disque lla escoito a un mariñeiro checo nunha taberna de Coirós. A lenda di, que houbo alguén que mercou unha copia orixinal do Windows XP. Un día lle ensinou o CD a un amigo, que se dicía moi sabio. Este, rapidamente o colleu e meteuno no microondas. Ante os ollos de pánico do seu compañeiro dixo: tranquilo, non se danará. Ao pouco, retirouno do forno. Estaba frío. “Mirao ben a ver si ves algo”, dixo o sabio. Ao principio non puido ver nada, pero ao pouco, reparou nunha inscripción que aparecía ao redor do círculo central.
55 6E 20 53 2E 4F 2E 20 70 61 72 61 20 67 6F 62 65 72 6E 61 72 6C 6F 73 20 61 20 74 6F 64 6F 73 2C 20 75 6E 20 53 2E 4F 2E 20 70 61 72 61 20 65 6E 63 6F 6E 74 72 61 72 6C 6F 73 2C 20
“Ten unhas marcas, parece coruño, non sei lelo” Dixo o rapaz
“Moi poucos poden”-dixo o sabio- é a linguaxe de Microsoft, que non pronunciarei aquí. En galego común di:
“UN SISTEMA OPERATIVO PARA GOVERNALOS A TODOS
UN SISTEMA OPERATIVO PARA ATOPALOS
UN SISTEMA OPERATIVO PARA ATRAELOS A TODOS
E ATALOS…NAS TEBRAS”
Moralexa: Microsoft controla as nosas vidas, así que nada de beber cousas deles, seguro que teñen algunha droga que nunha mala viaxe fai que te cortes o pelo coma Bill Gates
marzo 15th, 2007 at 5:26 pm
si, a min tamén me parece sospeitosa esa apócema … a conspiración de Microsoft para dominar o mundo non ten límites
marzo 15th, 2007 at 5:37 pm
Sinto, de novo, ir contracorrente, pero para min iso é inofensivo, non lle vexo o perigo por ningún lado.
Eu, que son un home sensato a pesares do que pensa Rajoy, limítome a beber o que recomendan os médicos: cerveza e viño.
Así que os refrescos de Microsoft non me preocupan o máis mínimo.
Facédeme caso, xa veredes que ben.
marzo 16th, 2007 at 3:21 pm
yo me lo creo completamente aún a riesgo de parecer idiota.
por otro lado lo de usar el hueco del porta cd´s como posavaso me parece un detallazo elegante donde los haya.
marzo 27th, 2007 at 4:22 pm
Ti por se acaso non probes…