El diario de Noa

Estes días estiven un pouco resfriada, e unha amiga veu á miña casa para facerme compañía. Trouxo unha peli desas que a min non me soen gustar moito, das que eu chamo “pelis de chicas”, desas coas que moita xente chora… El diario de Noa, chamábase.
A verdade é que a collín cun pouco de recelo, pero axiña me convenceu. O personaxe do Noa xove é boísimo, e foi o que me enganchou para non deixar de vela, porque a tía, Allie, era un pouquiño cargante.
A peli vai dun velliño que lle le tódolos días a unha vella internada nun asilo, sempre a mesma historia: o conto dun mozo que se chama Noa e que vive nun pobo con seu pai. Un verán coñece a unha rapaza rica que vai de vacacións alí. Ó principio ela pasa del, pero Noa consegue que se namore. E así pasan o típico verán dos 17, xuntos as 24 horas do día. Pero os pais de Allie pensaban que era pouco para a nena, e un día, xusto despois dunha pelea entre os nenos, vanse do pobo, sen deixar que se despidan.
Noa escríbelle 365 cartas durante un ano, pero a nai nunca llas dá a Allie. Pasa o tempo e, tras moitos cambios nas súas vidas, volven atoparse cando Allie xa estaba comprometida. E a partir de aquí, mellor calo…
O caso é que a peli dá moito en que pensar. A verdade é que me emocionou, teño que recoñecelo. Creo que foi a tercera ou cuarta peli na miña vida que me obligou a conter as bágoas (teño unha reputación que manter!). É preciosa.
Fala sobre todo dos amores imposibles pero que non se rinden. Eu non creo moito nesas cousas, pero bueno, sempre é bonito que che fagan pensar que aínda quedan historias así, ¿non?
PD —> Como dixo Aznar a única vez que non mentiu, “Vaya coñazo acabo de soltar…!”
marzo 21st, 2007 at 3:21 pm
Non creerás, pero haber hainos, por todas partes.
En canto a chorar no cine, teño que confesar que son un chorón, e, dito sexa de paso, tampouco fago moito por evitalo nin manter a reputación. ¡Son un chorón! Calquer cousa, a pesares dos meus anos, (ou ó mellor por culpa deles) me emociona máis do que debera. Doctor, ¿iso é grave?
marzo 21st, 2007 at 11:20 pm
Pois claro que hai historias asi e millores ainda.
marzo 21st, 2007 at 11:57 pm
Eu son bastante excéptico respeto a estas historias. Tómoo con humor. Que de cousas chungas faría o falcatrueiro do Noa para ter que reconfortar a súa conciencia escribíndolle unha carta ao día á namorada??
Nunca mirei un tío tan capullo!
marzo 23rd, 2007 at 1:32 pm
pues a mí me gustas mucho cuando te pones sentimental ;).
también puede ser que te afectara la gripe, a mí cuando tomo mucho antibiótico se me da por llorar. pero prefiero pensar que lo tuyo es más bien lo primero.
saludos