Aute = aRte

.aute-cuerpo.gif.

Hoxe toca Aute aquí, pero non vou poder ir velo por mor do curro: tócame pringar. É unha pena. Xa o escoitara unha vez hai dous anos, pero non puidera disfrutar do concerto como me tería gustado porque era gratis nunha praza, e a xente non paraba de incordiar. Quedei coas ganas dende aquela… En fin, outra vez será.

Lembro que cando era pequena miña nai ás veces puña unha cinta no coche con cancións súas. Eu non comprendía nin de que ían a metade delas, pero non me disgustaban. Dábanme así como ‘buen rollo’… Había unha que me gustaba especialmente, aínda que non entendía a metade das palabras que dicía: La guerra que vendrá (seeeráaaaa la más hortera de todas las guerras que ha habido y habráaaaa). Eu só pensaba que esa canción se podería escoitar en calquera momento, porque calquera guerra tiña que ser unha merda.

E eses son os meus primeiros recordos de Aute, aí cando eu tiña uns oito anos. Moito tempo máis tarde, ós vinte, lembrei esa canción un día calquera e a baixei de Internet. Así chegaron Una de dos, Al alba, Las cuatro y diez, Ufff!, De alguna manera ou Slowly. E despois delas viñeron os seus cuadros, as poesías…

Atrapoume a personalidade de Luis Eduardo Aute: esa capacidade de expresar tan ben os sentementos, o seu humor ácido e irónico, esa sensualidade, esa finxida deixadez… Creo que é dese tipo de xente que converte en arte todo o que toca, que sabe sacar a relocer a parte máis bonita da vida, baseándose nas pequenas cousas do día a día.

Creo que é o prototipo do verdadeiro artista contemporáneo. E dalgunha forma, síntome como moi ’vinculada’ a el, ou mellor dito, á súa forma de ve-lo mundo. Non sei, será que se cadra eu tamén vou pola vida buscando a beleza no que me arrodea.

Do que si estou segura é de que ás nove da noite porei o mp3 e imaxinarei a Aute sobre o escenario, repasando as miñas cancións favoritas. Xa me poden botar as broncas que queiran…

(Por certo, a imaxe é unha pintura súa: Caer en el cuerpo, 1986)

8 Responses to “Aute = aRte”

  1. ninsesabepuntocom Says:

    Dende sempre que me gusta Aute. As primerias cancións súas que coñecín cantábaas…¡Massiel!, porque el, nun principio, non pensaba en cantar. Desa época recordo que me gustaba “Rosas en el mar” (Voy pidiendo libertad, y no quieren oír. Es una necesidad, para poder vivir. La libertad, la libertad, derecho de la humanidad. Es más fácil encontrar rosas en el mar). Hoxe pode soar cursi, pero naqueles momentos resultaba moi atrevido…¡Manda chover na Habana! Pero sobre todo “Aleluya”. Logo enganchoume “Al alba”, unha das cancións que máis me intrigou por un tempo. E pasou a ser a miña favorita de entre as súas. Agora acaba de lanzar un novo disco. Haberá que estar atentos.

  2. Marinha de Allegue Says:

    Sempre cantei as cancións de L.E.Aute e quixen participar en “Juego de Niños” con el, pero Sardá non aceptou.

    Unha aperta e dous ou tres segundos de tenrura.
    :)

  3. mendinho Says:

    Pois a min Aute, nin fu nin fa, tampouco te vou enganar. Creo que agora adica máis tempo a pintar que á música.

  4. bandini Says:

    vaya vaya¡ también es una de mis grandes influencias. aunque ya no es ni la mitad de lo que fue, en mi opinión. de hecho compre su último disco el jueves y deja mucho qu desear. viene a santiago para el mes pero creo qu ya no iré.
    la primera vez que lo vi fue hace 20 años en la quintana presentando el ” CUERPO A CUERPO” una auténtica obra maestra…..en fin corto porque sino no pararía nunca de hablar de él.

  5. Mar e Lúa Says:

    Oh, non sabía que viña a Santiago tamén! Se é entre semana eu non mo perdo!!
    Bandini, xa sabes que neste blog non tes límite de tempo nin de espacio, así que non te cortes jejeje. Sempre é un gustazo tervos a todos por aquí :)

  6. bandini Says:

    es el 21 de abril en el miltiusos, actuan él y antonio vega. la alegría de la huerta vamos ;)…

  7. ninsesabepuntocom Says:

    Bonita cabeceira…

  8. sarampelo Says:

    Unha das cancións que máis me impactou foi aquela de “Siglo XXI Cambalache”, se a oies agora dase un conta que acertaba o que sería este puñetero século XXI globalizado.

    “Siglo XXI, el Hombre ha muerto ¡Viva el Kapital!
    no será aquel cambalache donde todo daba igual…
    para entonces no serán lo mismo un sabio que un traidor,
    el más Judas será el que se suba al podio de Honor,
    La mentira será Ley y el simulacro, institución,
    el cohecho por derecho y por la santa comisión…
    el chorizo ira embutido en su Mercedes oficial
    y el trilero montará su atril en Trilateral.”

Leave a Reply