Elixe a túa razón

Unhas vacacións non son tal sen Operación Saída, e unha Operación Saída non se pode entender xa sen a súa correspondente campaña da DGT.

A desta Semana Santa segue na liña das anteriores, cunha mensaxe moi directa e impactante. ¿Por que levabades tempo esperando esta semana?

Eu porque en canto saia o sol vou coller ruta cara á praia, aínda que só sexa para pasear. E aproveitando, levo á miña nai comigo, que estes días anda algo triste. E porque vai ser o primeiro ano que lle faga un regaliño de Pascuas ó meu afillado.

5 Responses to “Elixe a túa razón”

  1. ninsesabepuntocom Says:

    Felices vacacións e que nos vexamos todos por aquí á volta.
    Miña madriña, que era a miña ávoa, nunca fallaba por Pascua.
    Mar e Lúa, falla o vídeo: sejuramente copiaches mal o código. Dijo eu.

  2. Mar e Lúa Says:

    Gracias, ninsesabe! Pero moito me temo que vai ter que ir sen o video, non sei que lle pasa a isto… Perdoade!

  3. turonio Says:

    Hus, eu son un desastre, non teño plan ningún e marcha todo o mundo ao Algarve… traballo ate mércores… en fin, pásao ben.
    Eu non estaba esperando estas vacacións… debo ser rarito ;)

  4. Natyara Says:

    Disfruta moito das vacacions de semana santa e do afillado, que sempre está ben ter unha desconexión da rutina.
    Eu este ano non irei a ningures, tócame aproveitar para estudiar.
    Pásao ben

  5. paideleo Says:

    Pásao ben coa túa nai.
    Eu este ano non vou a ningures pero non me importa porque teño a Leo.

Leave a Reply