Historias para non durmir
.
.
Xa volvín das miñas mini-vacacións, e a verdade é que aínda me cundiron. Veño moito máis relaxada, logo de deixar atrás aquel asuntillo que me preocupaba.
Foron dous diíñas sola, sen Internet, sen teléfono fixo, sen xornais nin telediarios, sen reloxo, Coca-Cola nin chocolate. Veño como purificada, jaiaja. Todas as miñas preocupacións eran ver como se fundía o fume do café recén feito co dun cigarriño “tuneado”, acender os radiadores se ía frío e lembrarme de apagalos logo. Puiden demostrarme a min mesma que aínda son quen de disfrutar deses pequenos momentos.
Pero tamén tiven moito tempo para pensar na movida aquela que me preocupaba dende o domingo. Resulta que medio ano atrás coñecín a uns rapaces dos que axiña me fixen moi colega (a algúns deles mesmo os considero amigos), e todo iba perfecto. Como adoita acontecerme, eu son a nena do grupo, a máis nova e a única rapaza. Pero era coma un máis, non se cortaban aínda que estivese eu diante… Un día, sen saber por que, un deles empezou a estar moi cortante comigo. Este neno, chamémoslle X, deixou case de falarme e xa non me facía bromas nin nada. Non me atrevín a falalo con el precisamente por iso, porque pensei que ó mellor necesitaba un pouco de tempo, e deixeino pasar. Non cambiei a miña forma de comportarme con el: é certo que non falaba tanto, pero non deixei de facer as bromas de sempre, nin de mandarlle mensaxe cando estaba enfermo, nin nada…
Isto sería hai cousa dun mes, mes e pico. Pois o domingo, outro dos nenos (chamémoslle Y) colleume por banda e díxome que tiña que falar comigo. O primeiro que me dixo foi: “¿Tú que esperas de nuestra relación?”. Quedei tan flipada que non sabía case nin que contestar. Díxenlle que nada, que non son cousas que me plantexe, que as amizades xorden así e non se pode dicir “veña, a partir de mañá vou ser amiga de tal persoa”. Non sei a santo de que veu iso, pero logo, barallando, a conversa derivou en que el pensaba que X vira uns certos sinais que lle fixeran pensar que eu estaba interesada nel, pero que logo, cando xa estaba convencido e decidido, viu como eu me interesaba máis polo propio Y, e por iso me deixou de falar.
Xuro que eu nunca mandei eses sinais conscientemente, e creo que son igual de aberta con todos, non entendo como puido pensar iso.
O que Y me aconsellaba era que me moderase, que fose máis comedida cando estivese con eles, porque podía crear problemas.
E esta é a versión resumida e comprimida ó máximo. O que me raia é que eu pensaba que me vían como unha colega máis do grupo, e resulta que no seu conto (polo menos no conto de dous deles) parece que son unha falsa e que vou buscando a todos.
Seica estou condeada a non poder ter amigos masculinos, porque ó final sempre resulta que son a mala que remata dicindo que non, a que impide a historia de amor máis romántica do mundo (puaj!).
Pois esta foi a historia que non me deixaba durmir dende o domingo. Síntome algo confusa e decepcionada comigo mesma, porque non me gusta putear á xente nin facer dano, e moito menos crear problemas entre terceiras persoas, pero se fixen algo non foi voluntariamente, dende logo, así que desa banda estou tranquila.
Por certo, ¿queredes unha exclusiva? Na praia onde estives estes días foi onde naceu o blog, onde inventei o nome e decidín crear o meu propio universo paralelo. Pero esa é outra historia para non durmir, iso será outro post.
(Imaxe: A Lanzada, Manuel Uhia)
abril 7th, 2007 at 1:54 am
Mar é Lúa, sabes o que lle pasa ao amigo X, que se está enamorando de ti, esa é a miña impresión, claro, é lle creaches un conflicto ao amigo Y sen darte conta. Nembargantes o amigo X crease un conflicto el mesmo polos celos do Y.
Será así Lua, ou estou trabucado.
abril 7th, 2007 at 11:21 am
bufff… non creo, ou polo menos espero que non sexa iso. Ó mellor é simplemente que viu ferido o seu orgullo… ¿non?
abril 8th, 2007 at 3:32 pm
Se non saben convivir con mulleres non é culpa túa. Son uns críos ou se comportan como se fosen.
abril 9th, 2007 at 11:35 am
De acordo con Turonio.
Nada, que non hai vellos coma os de agora nin mozos coma os de antes…jejejejejeje
abril 12th, 2007 at 9:17 am
los tienes loquitos por ti…por cierto yo voy cada dos días a la playa de la lanzada a buscar agua con una botella de cabreiroa. si me ves algún día salúdame no soy peligroso. ayer por ejemplo cuando llegué a eso de las 8 llovía a chuzos y estaba preciosa.