Pasa o tempo
Ás veces gustaríame que alguén inventase un mando a distancia para para-lo tempo, ou darlle para que vaia máis rápido, coma nas pelis.
Creo que desbancaría á roda e a Internet como mellores inventos da Historia, ¿non vos parece? Darlle ó ‘pause’ a véspera dun exame, ou a velocidade máxima cando estabamos de pequenos esperando para face-la dixestión e poder bañarnos, ou baixar o volume cando nos botan a bronca do século…
Eu xa lle tería dado ó ‘pause’, porque se empezo a botar contas, só me quedan dous meses como estudiante en Santiago de Compostela. Despois non sei que farei, nin onde irei, nin se seguirei estudiando, nin que… ¡nada!
Teño mil cousas na cabeza, pero é que non sei por cal decidirme. Non quero deixar de ser universitaria, foron os mellores anos da miña vida. ¿Que vai pasar? ¿Vou ter que madurar? Non quero que todo iso remate así, dunha tacada e sen dereito a protestar. Non quero ser maior.
O peor é que nin sequera teño tempo para disfrutar dos meus últimos meses de universitaria, porque na facultade non nos deixan nin respirar, e co traballo…
¿Non saberedes se na NASA lles falta moito para sacar un mando a distancia así ó mercado, non?
abril 26th, 2007 at 4:49 pm
Eu xa precisaba dese mando pero para darlle para atrás á vida.
abril 26th, 2007 at 11:51 pm
Eu tamen quería un mando deses..cando saia o mercado avisa..
A min pásame algo parecido, a diferencia está en que eu quero rematar a carreira dunha vez e poñerme a traballar canto antes de algo relacionado.
Moita sorte para os exames, ainda que a min tamén me fará moita moita falta.
Biquiños
abril 27th, 2007 at 11:34 am
Pois eu, o eterno estudante, xa vou tendo ganas de dar carpetazo á carreira. Estiven de prácticas até estes días e deume muitas ganas de facelo.
abril 28th, 2007 at 1:06 am
Estou dacordo con A randeeira, que poidera ir para atrás un anaquiño e chegar ata a idade de Mar e Lúa.
abril 28th, 2007 at 1:47 pm
…pero lo nuestro es pasar.
Pois a min xa me bastaría chegar ó dobre da súa idade. Xa vedes, todo é relativo, os 45 é unha idade marabillosa…¡E os 60 tamén! ¿Por que non?