Puto tráfico

.atasco.jpg.

Estou cabreada. Veño feita unha furia. Estou farta do puto tráfico de Pontevedra. ¿Hai algún tipo de ordeanza municipal que obligue a sacar o coche á rúa os días que cae unha gota de chuvia do ceo? ¿Multan se non o sacas?

Hoxe tiven que intentar atravesa-la cidade co coche (por necesidade), pero xa aprendín a lección: é mellor cargar cun peazo maletón e mollarse antes que ir motorizado. É desesperante, xa non só polo mal organizadas que están as direccións nesta cidade, senón porque a xente é imbécil. ¿Que pasa? ¿Vas pasar voando por riba do atasco se lle das ó claxon? ¿Non entenden que o único que fan pitando é levantar dor de cabeza ó resto de conductores e poñelos de mal humor? ¿Ou é que pensan que a xente provoca os atascos porque lle mola escoitar a radio no coche?

En Pontevedra, como vos dicía, temos un problema coas direccións. Non sei a quen se lle ocorreu algún día facer unidireccionais a metade das rúas, e as veces veste obligado a dar unhas voltas impresionantes para retroceder douscentos metros. O mellor exemplo é a rúa onde está o Hospital Provincial: só se pode ir en sentido descendente porque anchearon as beirarrúas. As ambulancias que veñen dende máis abaixo teñen que dar volta para poder acceder á entrada de Urxencias. ¿En que cabeza con algo de materia gris cabe iso?

Supoño que nas vosas cidades pasará o mesmo. Os políticos deberían pensar nisto agora que están aquí as municipais, podería ser un punto importante na campaña de alguén. Non sabedes como se pon Pontevedra a nada que chova, é algo imposible… A min acábame coa paciencia.

7 Responses to “Puto tráfico”

  1. sarampelo di:

    Tes moita razón Mar é Lúa, cando vou a Pontevedra as neuras póñenseme a cento por hora e cando vou de volta e chego á casa case estou desquiciado. O das beirarrúas, é moi significativo, foi unha moda en tódalas cidades, pero unha moda-mercantil, canto máis achiques máis negocio para os aparcadoiros. Amaños Concello e os empresarios deses aparcadoiros. Case non nos dabamos conta do que estaban a facer, dician que era para amplitude dos peóns, jajajjaja. A medida que achicaban, máis aparcadoiros, e si olleas (o fixen eu) no rexistro mercantil das sociedades de moitos deles, hai amiguetes que se relacionan entre o público e o privado. Unha mágoa. E estes están agora a pedirnos o voto.

  2. turonio di:

    Carai, eu que sempre pensei que Pontevedra era bonita, organizada e con xente civilizada… Como sempre, na póla.

  3. Non te equivocas, Turonio. Pontevedra é moi bonita, e a min encántame. Creo que, quitándolle o problema do tráfico, é un sitio moi cómodo para vivir. Eu estou namorada dela, pero ás veces é un tanto desquiciante. Polo que vexo, Sarampelo sabe ben de que falo, jejeje

  4. A min encántame Pontevedra, sempre disfruto cando vou aló.
    En canto ó tráfico, eu vivín tres anos en Bilbao e volvín curado de espantos.
    En Ferrol pasa tamén aljo parecido, con eso das rúas unidireccionais.
    Ó mellor é que non hai moitas solucións, máis que educar á xente para que utilice o coche exclusivamente en caso de necesidade.
    Dijo eu.

  5. Pois se pensades que o tráfico é un problema tedes que visitar Ponteareas. Xa a cousa é fastidiada para que aínda por riba a escangallen máis.

    Seguirei este blog que me parece de interese. Unha aperta

  6. Por certo, tes un reto no meu blog. Si che peta.