O cuestionario de Proust
Pois nada, xa que Ninsesabe me invita a seguir co test este de Proust, haberá que animarse! Así aproveito tamén para darlle as gracias por lembrarse de min e por estar sempre aí, dándome a razón en cada post, como un apoio incondicional, jejeje.
Dicía el que son curiosas as relacións que se establecen entre os blogueiros, que sabemos tanto e tan pouco á vez un dos outros… Por exemplo, os que pasades por aquí máis ou menos a miúdo sabedes cousas de min que non sabe nin a miña nai. Pero, sen embargo, non poderiamos saudarnos pola rúa se nos cruzásemos. É gracioso…
Bueno, pois imos ó chollo. Vou desvelar algunha cousiña máis de min co cuestionario este, e de paso animo ós meus cinco escollidos a seguir coa cadeíña. Supoño que a moitos de vós xa vos chegou/chegará por outra xente, así que perdoade se me repito.
E os meus cinco escollidos son:
- bandini
- paideleo
- turonio
- natyara
- sarampelo
¡Imos aló, valientes!
O CUESTIONARIO DE PROUST
- ¿O principal rasgo do meu carácter?
Creo que é a inestabilidade, aínda que me estou facendo máis forte e estou aprendendo a controlala bastante ben… Podo pasar de 0 a 100 en menos de dez segundos. A forza tamén podería ser outro rasgo importante. - ¿A calidade que prefiro nun home?
Bondade e sinceridade, non me vale unha sen a outra. ¡Ah! ¡E se é guapo e rico, mellor! - ¿A calidade que desexo nunha muller?
Desexar, desexar… o mesmo que nos homes: bondade e sinceridade unidas. - ¿O que máis aprecio nos meus amigos?
O mesmo que en calquera home ou muller. Ós meus amigos aprécioos simplemente por como son. - ¿O meu principal defecto?
Non podería escoller só un… Son incapaz de expresar os meus sentimentos en persoa, teño un pronto moi forte, ás veces actúo sen pensar… Non sei, hai moitos! - ¿A miña ocupación preferida?
Escribir. E facer cousas que me animen a escribir. E pasar tempo coa xente que quero. - ¿O meu soño de dicha?
Ui, as utopías… Gustaríame que todo o mundo fose, polo menos, o doble de feliz ca min. - ¿Cal sería a miña maior desgraza?
Perder ós meus amigos, á familia… E o da dependencia que comentaba Ninsesabe é algo que tamén me preocupa bastante. - ¿Que quixera ser?
Buf, se o soubese… De profesión, o meu soño sería ser escritora, e poder vivir diso
- ¿Onde desexaría vivir?
¡Na miña Pontevedra! Tamén me encantaría poder vivir por tempadas noutros lugares, como Barcelona, África, Italia… - ¿A cor que prefiro?
Depende para que, pero vou dicir o azul celeste. - ¿A flor que prefiro?
As margaridas estas grandes. - ¿O paxaro que prefiro?
Pois… está chungo! Supoño que un loro tropical, destes con mil cores e que aprenden a falar. - ¿Os meus autores preferidos en prosa?
Hai tanto que non teño tempo de ler… Pérez-Reverte é dos meus preferidos, aínda que normalmente non sigo moito a ningún escritor en concreto. - ¿Os meus poetas preferidos?
Son clásica: quédome con Becquer. Tamén me gustou unha época Gil de Biedma, e César Vallejo aínda me impresiona por momentos. - ¿Os meus heroes de ficción?
Non sei, nunca se me deu por plantexarme esas cousas… Pero me gustaría ter a capacidade que ten Lecter de coñecer os sentementos das persoas case dunha ollada. - ¿As miñas heroínas de ficción?
Esta é difícil. De feito, non teño nin idea… - ¿Os meus compositores preferidos?
Espero que aquí se poidan incluir compositores modernos… Pois quédome con Quique González, Calamaro e Aute. - ¿Os meus pintores predilectos?
Eu non vos sei moito de pintura… Empezou a gustarme Picasso cando vin o Guernika por primeira vez. Tamén hai cousas que me parecen interesantes de Dalí. E unha vez vin un cuadro que me impactou dun holandés, pero non lembro como se chamaba, unha mágoa, porque levo tempo intentando acordarme. E se vale incluilo aquí, encántame a estética do pop art, e a idea de convertir en arte o repetido, o seriado. - ¿Os meus heroes da vida real?
Miña nai, pola forza que ten, e por esa paciencia para aturarme. E moita xente coma calquera de nós, pero que non sae nos xornais, con historias que merecerían ser contadas. - ¿As miñas heroínas históricas?
Non me gusta nada a Historia. Teño que recoñecer que neste aspecto son completamente inculta… Pero de pequena, no cole, quedara flipada coa historia de Concepción Arenal. - ¿Os meus nomes favoritos?
Alex e Lúa (pero non ten nada que ver co nome do blog, eh?). - ¿Que detesto máis que nada?
A mentira, a maldade, que a xente se aproveite dos demáis, a falta de solidariedade, a necesidade de facer dano simplemente por molestar. - ¿Que caracteres históricos desprezo máis?
O fascismo, o racismo, o machismo… - ¿Que feito militar admiro máis?
Non teño nin idea, xa recoñecín a miña incultura histórica, non me fagades afundir máis na miña propia incompetencia, jajajaja. Non son moi amiga dos militarismos. De feito, escapo ata dos municipais! - ¿Que reforma admiro máis?
Calquera que promova a igualdade en calquera ámbito. - ¿Que dons naturais quixeras ter?
Saber escribir, saber expresarme e saber entender ben á xente. - ¿Como me gustaría morrer?
Satisfeita coa miña vida, cando tivese cumplido tódolos meus obxectivos. Preferiría quedar durmida un día e non volver espertar, non enterarme e non ter tempo a pensar nas cousas que me quedaron por dicirlle á xente. - ¿Estado presente do meu espírito?
Coma sempre: inestable, jejeje. Estes dous días andiven algo triste, pero tampouco mal. Creo que, facendo a media, estou bastante serena dende hai moitos meses :) - ¿Feitos que me inspiran máis indulxencia?
Todo o que se fai polos demáis. Entendo que unha nai roube, minta, se prostitúa ou faga o que sexa para poder darlle unha vida mínimamente mellor ós seus fillos, e todo este tipo de cousas… menos matar. - ¿O meu lema?
Trata ós demáis como queras que te traten a ti. Vive e deixa vivir. E no que se refire a min, o meu lema é “Son de mar e lúa”, é unha forma de intentar aceptar esa dicotomía que está sempre presente en min. Non ten que ser algo malo ou triste :)
abril 30th, 2007 at 6:19 pm
Eu xa fixen os deberes…Un saúdo e disfruta da ponte!
maio 1st, 2007 at 1:53 am
Chego aquí da man de Ninsesabe, e seguro que volverei, non me podo resistir a quen ten como lema “Vive e deixa vivir”. Un saúdo.
maio 1st, 2007 at 11:26 am
Agora coñézote un pouquiño máis. Pero, como ti ven dis, si un día nos cruzamos pola rúa pasaremos sin saúdarnos. Cousas da vida.
En canto ó de escritora, ti escribe, non fajas caso. Se non podes vivir diso é ijual. O caso é disfrutar. Dijo eu. ¿Ou non?
maio 1st, 2007 at 11:27 am
Metín o zoco…Quería dicir “como ti ben dis”. Glups.
maio 2nd, 2007 at 12:54 am
Interesantes respostas e moi sensatas para unha rapaza nova (coido que o eres) para os tempos que corren , no mundo que vivimos de bafuallada cobizosa e retrincada. Se che gusta escribir, faino e con ganas, nembargantes un pouquiño de historia sempre fai falla para escribir o bo e mailo malo. O malo escribilo para que non se volva a repetir, e o bo para que se volva a reproducir.
Graciñas por nomearme.
maio 2nd, 2007 at 1:08 am
Eu tamén son algo inestábel e sobre todo pouco constante. Seguro que o pintor holandés era Vermer. É o meu preferido, cando cho lin pensei que sería el. Famoso pola Leiteira que vai na portada do Que me queres amor e protagonista, ou personaxe de diferentes poemas de Manuel Rivas.
Sobre o cuestionario… farei o que poida pero igual tardo un bocadiño.
maio 2nd, 2007 at 12:26 pm
Eu tamén destaquei a miña inestabilidade como unha das miñas características. Gustoume tamén o teu lema; mellor nos iría se cundise o exemplo. Saúdos
maio 2nd, 2007 at 3:14 pm
Aquí che vai o test.
• ¿O principal rasgo do meu carácter?
Coido que un pouco tolo, pero cos anos vai un calmando. De cando en vez pónseme a vea a cento por hora ante as inxustizas.
• ¿A calidade que prefiro nun home?
A sinceridade e o humanismo.
• ¿A calidade que desexo nunha muller?
Intelixencia,sinceridade, saber escoitar.
• ¿O que máis aprecio nos meus amigos?
Que sexan como son , desa maneira os coñecín.
• ¿O meu principal defecto?
Teño unha morea deles. Ante unha mosca “cojonera” que me está a picar constantemente ao carón da orella salto como un tigre, isto sempre me trouxo problemas.
• ¿A miña ocupación preferida?
Escribir e plasmar nos folios o que penso.
• ¿O meu soño de dicha?
A distribución da riqueza no mundo máis equitativamente.
• ¿Cal sería a miña maior desgraza?
Perder aos meus seres queridos.
• ¿Que quixera ser?
Esta pregunta a contesto con aquilo de: “O que poido ser é non foi”
• ¿Onde desexaría vivir?
Na miña terra Galicia, se tivera que escoller outro sería a fascinante África.
• ¿A cor que prefiro?
Vermello
• ¿A flor que prefiro?
O caravel vermello
• ¿O paxaro que prefiro?
O moucho, por aquilo da noite.
• ¿Os meus autores preferidos en prosa?
G. Márquez, M.Vázquez Montalbán, José Saramago e dos galegos Suso de Toro.
• ¿Os meus poetas preferidos?
Pablo Neruda,García Lorca, Uxío Novoneyra, Manuel María, G.Bouza-Brey e por suposto a nosa Rosalía.
• ¿Os meus heroes de ficción?
Non o teño moi claro
• ¿As miñas heroínas de ficción?
O mesmo coa pregunta anterior.
• ¿Os meus compositores preferidos?
Verdi, Vivaldi, Strauss, Devorak, Raimon, Luís Llach, Aute, Alí Primera, Pablo Milanés.
• ¿Os meus pintores predilectos?
Os clasicos
• ¿Os meus heroes da vida real?
• Che Guevara, Gandhi,
•
¿As miñas heroínas históricas?
Tania a Guerrilleira que estivo co Che en Bolivia.
• ¿Os meus nomes favoritos?
Calquera me vai
• ¿Que detesto máis que nada?
A tortura en tódalas formas, en especial cando se fai por membros policiais nunha democracia e pagados cos meus impostos.
• ¿Que caracteres históricos desprezo máis?
O fascismo do século XX e o de agora en nome das democracias.
• ¿Que feito militar admiro máis?
Dos militares ningún
• ¿Que reforma admiro máis?
A Constitución da II República, era unha das máis avanzadas do mundo. Veo Franco e a “fodeu”
• ¿Que dons naturais quixeras ter?
O don de poder resolver a fame no mundo nun minuto.
• ¿Como me gustaría morrer?
Sen sufremento e non facer sufrir aos demais.
• ¿Estado presente do meu espírito?
Non creo nos espíritos .
•¿Feitos que me inspiran máis indulxencia?
A xustificación da violencia para unha causa moi xusta.
¿O meu lema?
Vou poñer o mesmo que ti, xa que é un lema que me gusta moito, “vive e deixa vivir”