Aznar e o viño

“A mí no me gusta que me digan ‘no puede ir usted a más de tanta velocidad, no puede usted comer hamburguesas de tanto, debe usted evitar esto y además a usted le prohíbo beber vino”
José María Aznar
Lin esta mañá en 20minutos que Aznar defendeu en Valladolid o consumo moderado de viño. Vale, ¿e que? ¿Que ten iso de noticia? Menos mal que xa espertara ás 7 e media, xusto a tempo para escoitar as declaracións na SER.
Para ser un pouquiño máis fieis á realidade, poderiamos dicir que o que fixo míster Ánsar foi cuestionar as campañas da DGT e rirse delas como un borracho prepotente. Hai que ser rastreiro, indecente e egoísta para dicir o que dixo.
O moi cabrón riuse dos paneis que se ven polas estradas, nos que a DGT lembra o seu lema, ‘No podemos conducir por ti’. “”¿Y quién te ha dicho que quiero que conduzcas por mí?”. Porque a un tipo tan importante coma el, ninguén lle pode dicir o que ten que facer, “o cuánto tengo que beber” se non fai mal a ninguén. ¡E a xente aplaudindo! É que hai que ser gilipollas…
O problema, señor Aznar, é que conducindo borracho non só pode facer dano a alguén, senón que pode matalo… E perder o carné, que supoño que será o que máis lle importe, vendo como actuou durante a invasión de Iraq, por exemplo.
Oxalá non pase nunca, pero me gustaría saber como se sentiría Ánsar se un borracho que ‘vai ben’ (segundo a súa particular valoración) tivese un accidente e o seu fillo se vise implicado e palmase sen ter culpa de nada. Quizais se resignaría e o calificaría como ‘danos colaterais‘, ¿non?
Só me gustaría lembrar que os accidentes de tráfico matan cada ano a moita máis xente que os atentados de ETA. ¡Canta merda e canta hipocresía xunta! ¡Un pouco de respecto pola xente, por favor!
maio 4th, 2007 at 2:29 pm
A este “tolo” de atar o único que hai que facer é apoiar a tódalas organizacións que piden que sexa xulgado por xenocida. Xulgado no Trubunal Europeo, xa que en este reino “de los sueños democráticos”, está tan contaminada a xustiza que ao mellor van para a cadea todos aqueles que presentan a denuncia. Calquera se fía dos retrógados e “progresistas de postal” que de abondo voan por este “reino”.
maio 4th, 2007 at 4:53 pm
Ía poñer un comentario sobre este tema, pero xa o puxeches ti e vale.
A mellor resposta a semellante estulticia doulla unha señoa á que lle morrera un fillo (ou unha filla, non recordo ben) nun accidente. Dixo a señora:
-Ese señor no tiene corazón, pero tiene hijos.
Esperemos que non teña que lamentar esas jilipolleces aljún día. En todo caso, que as lamenten os seus fillos.
maio 4th, 2007 at 9:51 pm
pobre Aznar, xa ninguén se acorda del mais que para cagarse na súa figura. Que foi daquela imaxe que tiña de centro, que falaba catalán na intimidade e tiña un avó fundador do pnv…
maio 5th, 2007 at 8:49 am
Que mal conselleiro é o alcohol.
maio 31st, 2007 at 3:04 am
alaska cruise discount vacation…
» Blog Archive » Aznar e o viño…