Comeza a campaña!

Acabo de poñer a TeleGaita para ver o inicio da campaña electoral… Touriño en Ourense, Quintana en Santiago, Rajoy non sei onde (é que me desconcentraba e tiven que baixar o volume)…
Hai unha cousa que me gusta moito das campañas: os discursiños que largan os políticos en canto ven o piloto vermello das cámaras encendido e enfocándoos. Non sei para que se fan os mitins, se total o discurso vén a ser o mesmo para todos, con ese ton e medio berrando:
“Porque no noso partido estamos ó lado dos votantes e das votantas, gobernaremos os concellos e concellas para tódolos galegos e galegas. Porque estamos ó lado da xente, e compartimos as súas preocupacións. Nós gobernaremos para todos e para todas, coa máxima honestidade”.
¡¡Mira que me raia que teñan que facer o masculino e o feminino de cada adxecivo ou sustantivo susceptible de variación!! ¡Que pesadiños! ¡Vaia moda do carallo!
En Pontevedra este ano estará interesante. ¿Que fará Telmo Martín? ¿Volverán facer coalición BNG e PSOE? ¿Quen acabará no sillón que actualmente ostenta Lores? Todo isto e moito máis ¡¡despois da publicidade electoral!!
Pero, sen dúbida, o que máis odio das campañas electorais é que sempre coinciden en época de exámenes ou en datas previas. ¿Sabedes o que é estar intentando chapar un tocho de folios fotocopiados cunha letra que non entendes e que a través das ventás se empece a escoitar de fondo o himno do PP? ¡Pirí, pirí, piriririrí, pirí, pirí, piriririríííí…!
Menos mal que son só dúas semanas. Tempo abondo para pensar a quen vou votar.
maio 11th, 2007 at 9:52 pm
Concord@ totalment@ contig@ n@ d@ mod@ d@ masculin@ feminin@. Agobiant@.
maio 12th, 2007 at 12:54 am
Isto faime lembrar aquilo que dixera a muller de Felipe González: “Los estudiantes y las estudiantas”. ¡Manda carallo na Habana!. Son como neniños pequeniños estes políticos. Coido que será o politicamente correcto. Digo eu.
maio 13th, 2007 at 10:37 pm
Non me gustan as campañas electorais e tampouco repetir os adxectivos e ó final seguen detrás os femininos…xa miras o que se adianta.
maio 14th, 2007 at 7:48 pm
Eche o de tódolos anos! Pero pronto rematará, so pensa niso, e non haberá que aguantar máis discursitos !
maio 15th, 2007 at 3:13 am
o millor de todo é que ó peor non podemos votar a ninguen, xa que otorgar durante catro anos o poder dos nosos votos o tipiño menos malo, tampouco é bo. Para cando politicos decentes, fiables, cercanos y con vocación de servizo ao pobo??
perdón por entrar sen chamar e facer tanto ruido…..
maio 16th, 2007 at 1:59 pm
no tengo ni idea de a quién, sólo sé y ya es bastante saber a quién no…
maio 16th, 2007 at 6:15 pm
Tes moita razón no que dis dos xéneros e xéneras masculinos e masculinas…
En canto ó voto, aquí en Ferrol, téñoo fácil. Resulta que pola dereito non podo votar, que mo prohibe a relixión. Así que quedan os de esquerdas: PSOE, BNG e EU. Pero os dous primeiros baixaron os pantalóns no tema de Reganosa e vounos castijar nas municipais durante 25 anos, polo menos.
Así que votarei Esquerda Unida.