Faremos…

.imagen025.jpg.

Unha das cousas que máis me gustan dos galegos é que rimos co que sexa… O outro día fíxome rir esta imaxe que atopei por Pontevedra adiante.

É o cartel de Teresa Casal, a candidata do PSOE, nunha cabina. Lores é o actual alcalde, do BNG, con quen forma goberno de coalición. ¿Non vos parece gracioso? Tamén me dixeron que alguén retocara uns carteis do PP, cambiando a palabra “confianza” por algo así como “chamuscado”… A ver se vos consigo a foto!!

¡Como me gusta que a xente faga estas cousas e se ría dos políticos! Pero rirse nun sentido crítico, que ó final, os que rin de verdade son os políticos. De nós e dos nosos votos.

Por certo, apostaría a cabeza a que esa foto está feita polo fotógrafo máis famoso do mundo, un tal Photoshop

7 Responses to “Faremos…”

  1. paideleo Says:

    Está simpático, si.
    Por aquí temos un granito-móvil, un coche anuncio pintado coma se fose granito. Teño unhas gañas de tirarlle unha foto…

  2. Anxélica Says:

    JAJAJA! Tremendo…. pola miña zona non son tan graciosos!

  3. sarampelo Says:

    Interesante a foto, moi didáctica e reconstituinte. Parece ser que tamén o Telmo en Pontevedra quere facer chiringuitos e un aeroporto. Debe ser para que aterren os avións cos maletíns das comisións do cemento e mailo ladrillo, diso sebe moito, tivo boa escola en Sanxenxo. Digo eu.Non sí.

  4. turonio Says:

    hehehehehe
    É ben boa a idea, o que me queda son dúbidas se foron os do pp ou os do bng os que idearon ese adhesivo. Sexa quen for é un dos exemplos máis elegantes do ninguneo electoral.
    Xa estaba algo preocupado… + dunha semana sen post… non sigas o camiño que colleu a randeeira… que xa me ten paranoico con que tira a toalla todo o mundo

  5. ninsesabepuntocom Says:

    Moi ben traída a foto.
    Os políticos argallan, pero a sabiduría popular imponse.

  6. Doutora Seymour Says:

    Xenial!, non hai nada tan saudable coma exercitar a retranca de cando en vez . E a verdade, os políticos facilitan tanto as cousas…

  7. mendinho Says:

    Pois si, mira ti que curriña saíu na foto a Teresa Casal!

Leave a Reply