Principio do fin
Xa facía unha semana que non escribía… ¡buf! Non é que me esqueza do blog, senón que non teño tempo a nada. Afrontamos xa a recta final do curso, e xa sabedes como son os profes, que sempre o deixan todo para o último momento (e que non se me ofenda ningún, hahaha). O caso é que eles, pobriños, para darnos máis tempo, poñen tódolos traballos e prácticas para entregar na derradeira semana, sen decatarse de que todos seguen o mesmo razoamento e ó final iso acaba por ser un inferno. En fin…
Pero además da derradeira semana de clases, afronto tamén os que posiblemente sexan os meus derradeiros catro días como universitaria. É o principio do fin… ¡Que medo! De novo vou ter que afrontar un cambio de 180º na miña vida, pero o peor é que non sei nin o que virá. Estiven falando con miña nai (que é máis boa que o pan), e díxenlle que quería empezar a buscar traballo fóra, pero que non tiña tempo de nada. A pobre ó principio púxome un montón de pegas, pero cando viu que lle rebatía todo e que estaba convencida díxome:
-Bueno, pois se queres eu podo meterche tódolos curriculums nos seus sobres e mandalos, se me das unha lista das direccións.
Cambiando de tema, hoxe toca votar: é o principio do fin de dúas semanas de campaña- Pero, igual que no curso, agora vén o peor: recontos, negociacións, protestas… Pero polo menos os coches que berraban xa non seguirán molestando máis.
maio 27th, 2007 at 10:05 am
Pero votar hai que votar, que moito costou poder facelo…
A ver se o facemos con tino.
maio 31st, 2007 at 5:47 pm
Sorte co traballo!!!
xuño 3rd, 2007 at 11:45 am
O mundo laboral é bastante diferente do universitario. Moita sorte coa procura.
xuño 3rd, 2007 at 4:37 pm
Ais, que tristura ler estas cousas…
Compostela creo milleiros de mozos e mozas que non sabe acoller despois no seu seo e cisca polo mundo todo adiante.
Que vaian ben eses exames!!