Historias da avoa
.
.
Cando era pequena, miña avoa sempre me contaba historias. Encantábame sentar no seu colo, neses veráns ourensáns de calor abafante, e escoitar todos eses contos que ela inventaba para min.
Pola noitiña, xusto despois de cear, saiamos á terraza da vella casa de pedra que construira seu pai e xogabamos un pouco ás cartas, ou ó parchís. Cando estaba de leria, de bo humor, eu poñíalle cariña de pena e pedíalle que me contase un conto. A maioría das veces era a historia dalgún santo ou cousa semellante. Unha das súas preferidas era a dos tres pastores de Fátima, pero a min eses non me gustaban.
Eu quería que me falase da Santa Compaña, de como era a súa aldea cando ela era cativa, de cando aínda ía ó cole, de como roubaba mazás nas fincas dos seus veciños…
Unha noite de agosto contoume unha lenda que lle contaran a ela de nova. Dicía que se unha rapaza pensaba nun rapaz xusto antes de ir durmir e, ó mesmo tempo, ese neno pensaba nela tamén antes de adormecer, esas dúas persoas quedaban como ‘vencelladas’ para sempre por unha especie de fíos invisibles.
Nunca coñecín a ninguén que soubese desta lenda, e estou empezando a pensar que o inventou miña avoa para entreterme naquela noite. Pero o certo é que, aínda hoxe, penso moitas veces nesa historia. Sobre todo polas noites, xusto antes de quedar durmida…
xuño 4th, 2007 at 9:22 am
Pois si, na cultura tradicional un dos métodos pra facer que a xente non falase mal doutras persoas ou desexase mal a ninguén era explicado por unha serie de anxos no ceu que con certa frecuencia dicían Amén. Se ti acababas de desexar algo ou de dicilo, fose pra ben ou pra mal, no momento en que eles dicían Amén todo quedaba modificado pra que se cumprise o teu degoiro ou dicir.
Todos fixemos algunha vez unha desas. Eu mesmo creo que onte… O meu consello é que esa é unha base sobre a que logo construír algo un pouquiño máis elaborado. Isto é: que poñas ti tamén algo pola túa parte que non vai ser todo traballo dos fíos invisíbeis que tecen os anxos!
xuño 4th, 2007 at 9:44 pm
Pois non sei que decirche, miña avoa tamén me dicía cando me acostaba que pensase en xente á que eu lle tiña cariño, que eles tamén estarían pensando en min sejuramente…
xuño 5th, 2007 at 9:46 am
eso es completamente cierto. tu abuela era una mujer sabia.
salud
xuño 6th, 2007 at 1:11 am
Eu sempre me creo o que contan as avoas, co paso do tempo sempre se demostra que tiñan razón e que o que é de verdade unha lenda é iso de que os nosos maiores non teñen nada que aportar.
Vou durmir….