Vacacións!!

Non foi sen tempo, pero xa están aquí! Beeeeen! As vacacións!

Aínda me quedan unhas cantas cousas que facer, traballos por rematar, e tal… pero os exames xa están todos acabados. Agora toca esperar polas notas.

Despois de estas semanas nas que o blog estivo abandonado xa toca prestarlle un pouquiño de atención, aproveitando que teño tempo. Tamén aproveitarei para facervos algunhas visitiñas, así que xa sabedes: a escribir todos!!

3 Responses to “Vacacións!!”

  1. sarampelo Says:

    Pois veña a pasalo ben nas vaciacións, nembargantes aínda vexo que non tes as notas dos exames, si son boas a divertirse e si son malas tamén. Non collas depre, como ti dis que eres ciclotímica a cousa non é moi doada, pero tes unha vida por diante e hai que aproveitala, xa que esa vida só é un minuto.

  2. turonio Says:

    Dame impresión que estes días anda o blogomillo medio of, non sei se che parece a ti o mesmo. Terá que ver cos exames? No teu caso seguro xa que o dixeches. Pero agora contamos con que levantes ti un pouquiño a participación que non tes excusa!
    Veña, a gozar das vacas que para iso están!

  3. Mar e Lúa Says:

    Jejeje, gracias ós dous. Non vos preocupedes, que o levo moi ben, non me vou poñer mal. Aínda non sei que farei, pero tampouco pasa nada… Simplemente estou esperando ó que saia, e se sae un traballo, pois perfecto. Se non, pois a descansar, que ben o merezo! Jajaja

Leave a Reply