El equipo del país

Onte saín tarde de traballar, tan tarde que aínda me deu tempo a atura-las palmas e o “Campeones, campeones, oe oe oe” dos merengóns do traballo. E por se non chegase con eles, ó saír á rúa había media ducia máis de madridistas co himno soando a todo trapo a través das ventás abertas dos seus coches, polas que asomaban bandeiras blancas xigantes co escudo do clube. ¡Que pena que non gañase a Liga o Barça!

Pero o peor veu cando xe levaba medio camiño percorrido. Estaba a punto de cruzar nunha rúa céntrica, cando se empezaron a escoitar uns berros achegándose: “Viva el Madrid, puta Catalunya!”.  E cada vez máis preto: “Viva el Madrid, puta Catalunya!”. E máis preto…

Entón, unha rapaza que ía polo outro lado da estrada encarouse cos tres mozos que viñan cantando iso.
-Ei, parad! Soy catalana, y me estáis insultando!

Xa podedes imaxinar como seguiu a ‘conversa’… Eu apurei o paso para deixalos atrás canto antes, escoitando como os berros iniciais eran substituidos por enérxicos “Viva España! Viva España, coño!”. Un home se achegaba á trifulca para poñer un pouco de paz, e non había ninguén máis polas rúas a esa hora. Supoño que todo quedaría nun incidente sen ningunha importancia…

O resto do camiño a casa fun pensando en esa manía de mesturar o deporte coa política. Recoñezo que eu tamén o fago, que son anti-merengue e que non creo niso do “equipo del país”, nin troulas polo estilo… en parte por xente coma os tres mozos de onte. Porque para celebrar un triunfo do meu equipo non precisaría atacar a Madrid nin a ningunha outra cidade. Quero pensar que o que movía a estas tres persoas onte eran o alcol e a emoción incontible do momento…

Deporte e política deberían ir separados. E se non, que tomen exemplo de Pontevedra: o Concello aínda debe os cartos prometidos ós equipos dende hai máis dun ano, e iso non foi obstáculo para que esta tempada ascendesen o Teucriño, o Leis de futbol sala e a Sociedad Gimnástica de atletismo. Foi pena do Pontevedra, que a pesar de contar co maior apoio, non foi quen de ascender a Segunda… Outro ano será.

9 Responses to “El equipo del país”

  1. Enredada di:

    Cheguei por aquí de rebote e estiven enredando con moito gusto. Será que eu tamén son ciclotímica? Pregúntome quen non o é. En canto ao que dis do fútbol penso que todos necesitamos evadirnos, pero na evasión que buscamos dicimos moito de nós mesm@s. A min póñenme enferma os fanáticos de equipos cos que só se identifican polo feito de gañar e representar poder, valente identidade… Anécdotas como a que contas hoxe danme ganas de meterme nun buraco ou fuxir a un deserto, dependendo de se estou agorafóbica ou claustrofóbica… Unha aperta!

  2. Diante destas “cousas” un chega a pensar que non evolucionamos tanto desde os tempos de Franco… aínda ecoa aquilo de ” el opio del pueblo”. Así de simple e a si de resultona é a cousa… seica.

  3. sarampelo di:

    Doulle toda a razón a Doutora Seymour, non evolucionamos para nada. Que terá que ver o Real Madrid co patriotismo, coa capital do reino ou ca política, se a maioría dos xogadores de calquera equipo na actualidade son “mercenarios” de outros paises que na máis defenden os seus intereses crematísticos e lle importa un carajo, a camisola que finxen defender, a cidade ou o patriotismo. Primeiro a conta corrente e cando marcha para outro páis “si te e visto ni me acuerdo”. E nós como ovelliñas dos de pago a facerlle o caldo gordo. Que lles den moito………
    Antes o fútbol era outra cousa, era deporte non mercantilismo puro e duro.

  4. sarampelo di:

    Non me lembraba de dicir q

  5. sarampelo di:

    Non me lembrara que nos finais dos anos 60 fun xogador de fútbol na 3ª división, e por iso falo do mercantilismo de hoxe.

  6. turonio di:

    Eu mireinos pasar no contorno da praza roxa de Compostela e non sei se era medo o que metían, ou vergonza, ou envexa de ser de alegría facil coma eles. O que si sei é que aqueles garrulos con bandeiras españolas nunca serán os meus garrulos. E sempre a aparentar máis dos que son. Eu ía algo apenado polo descenso do celta e non podía imaxinar á xente festexando unha vitoria tan allea nese día.
    Hai quen nace con vocación de allearse.

  7. O Raposo di:

    Eu son seguidor do Madrid asi que o domingo alegreime. Pero non saín a celebralo por aí, nin me metín con ningén do Barça.
    Coincido con Sarampelo en que o fútbol non ten que ver coa política, nin un equipo representa a cidade. Os xogadores represéntanse a si mesmos e so miran o seu bolsillo.
    Se queremos ver compromiso hai que ir o fútbol aficionado, en segunda ou terceira rexional onde os xogadores non cobran e as veces ata teñen que pintar o campo e pagar os desplazamentos.
    Unha aperta.

  8. bandini di:

    es una lástima, pero la verdad es que los primeros en mezclar fútbol y política son los medios y sobre todos los presidentes de ciertos clubs.
    yo soy barcelonista pero de los de la blaugrana no de los de la senyera.

    salud

  9. Ninsesabe di:

    Pois eu síntoo moito polo Raposo (o da Cova), polo que teño moita simpatía, pero, o ijual que a dona do sitio, son antimadridista.
    Sejuramente terei aljo de disculpa. Pensade que, se agora se sigue a mezclar fútbol e política, ¿que non sería o Madrid cando eu era neno neste sentido? Xa vos podedes imaxinar aló polos anos 50…
    O peor do caso e que eu, que tamén xojei ó fútbol modesto, admiraba profundamente o xogo daquel equipo…Ver xogar a Di Stefano era un pracer en si mesmo. Pero todo canto rodeaba a aquel conto foime inclinando pouco a pouco cara o outro lado.
    Agora, debo decilo, perdín totalmente a afición polo mercantilismo do que se fala. Pero, lamentablemente, non perdín o meu antimadridismo…