Erradica-lo tuteo
Lin hoxe en elpais.com que Enrique Múgica propuxo nun curso de verán da Complutense que se erradicase o tuteo das aulas para así acabar coa violencia nos institutos. A noticia dicía, máis ou menos:
“El Defensor del Pueblo, Enrique Múgica, ha explicado hoy que el primer paso para acabar con la violencia en la escuela es fomentar el respeto en las aulas, para lo cual propone eliminar el tuteo entre alumnos y profesores.
Para Múgica, utilizar “usted” no significa una “ruptura o diferencia” en la relación profesor-alumno, sino un “respeto mutuo”.”
¡Vaia gilipollez! Así de claro. ¿Vai haber menos violencia se un alumno lle di ó profesor “Vaia vostede tomar polo cu” que se, pola contra, lle espeta un “Vai tomar polo cu”?
Nin o respecto nin a violencia residen no “ti” ou no “vostede”. De feito, esta última forma vai camiño de converterse nun arcaísmo, nun mero postureo, e iso é algo que se ve con relativa claridade: miña nai trataba á súa avoa de vostede, mentres que eu á miña a trato de ti, e incluso lle temos apodos cariñosos moi modernos… Iso non implica que lle faltemos ó respecto, nin moito menos…
Eu non utilizo nunca o vostede, a non ser que crea que á persoa coa que vou falar poda parecerlle mal que a tutee (persoas maiores, xente coa que non teño nada de confianza, os que se cren moi importantes, etc…)
É moi común nos políticos iso de propor solucións superficiais e inútiles para lerdos. O peor é que haberá xente que pique. ¡Vaia parvada!
xuño 25th, 2007 at 11:05 pm
Os nosos políticos sonche asi.
xuño 25th, 2007 at 11:21 pm
O respeito non é tratar de vostede a unha persoa senón tratala educadamente.
O que é verdade é que hai muita xente maleducada hoxendía pero apréndeno en tódolos sitios.
Enfin, curioso o dos cortes de estrada no san Xoan. Curioso e perigoso.
xuño 26th, 2007 at 12:56 am
Enrique Mugica debería explicar algunhas cousas que quedaron no baúl dos recordos (ao mellor Paidelo sabe a que me refiro) e deixarse de jilipolleces como a que comentas.
Confundo, como nel é habitual, a velocidade co touciño.
Mamarrachadas.
A xente que ocupa determinados postos debería ser menos ignorante. Pero vai ser certo aquelo de que os funcionarios son como os libros dunha biblioteca: os máis inútiles están nos estantes máis altos…
xuño 26th, 2007 at 2:44 am
Si oh! temos que aprender dos pacíficos países da américa latina onde xa non se atúa a ninguén e chegaron a uns niveis de respecto ao próximo só comparabeis cos de calquera outro país.
Pero claro, dito polo craneo privilexiado que denuncia a perseguizón que se fai en Galiza do castelán até mesmo non parece unha saída de tono senón que se esforza en marcar o seu estilo tan particular.
É especialmente paradoxal que o defensor do pobo queira acrescentar as diferenzas de estatus no pobo aínda que apenas sexa de modo formal. Toda unha demostración de que entendeu de qué vai o seu cargo. Espero que eduque aos fillos nun internado, é a única posibilidade que teñen de saír normais.
xuño 27th, 2007 at 10:13 am
una cosa es el respeto y otra la doma. estoy contigo y desde aquí le digo a ese señor, con tú permiso, “váyase usted a tomar por el culo”.
salud
xuño 29th, 2007 at 9:25 am
Esto é confundir o touciño coa velocidade, o respeto á unha persoa non vai no vostede ou no ti, iso vai coa educación.
O de Mújica xa non ten “color”. Unha vez(1977) certo dirixente do PCE me dixo que cando estaba Mújica no PC, desbarraba de moito carallo coa caña branca que lle mandaban de Galicia. os “peidos” eran impresionantes. O respeto de si vostede ou ti xa ten que vir con Mújica, pero respetando aos españois contando que carallo facía uns días antes do golpe de estado de Tejero falando co Xeneral Armada. Que conte dun carallo dunha vez iso e logo xa falaremos os españois do “vostede” e “ti”.
xullo 1st, 2007 at 12:39 am
Ten VOSTEDE toda a razón, o respecto non ten nada que ver coas formulas de tratamento. Velaí os ingleses (por exemplo) que non teñen …estes problemas.
Os políticos deberían ter prohibido dar cursos de verán, non lle sentan, velaí as alfaias que producen…
outubro 3rd, 2008 at 1:17 am
Ochumet easy! Already all, pancakes, know about it except me