Traballar ou non traballar…
… Esa é a cuestión. Estes días andiven pensando moito no mundo laboral, porque miña irmá e máis eu estivemos preocupadas polo noso futuro. Cóntovos:
No meu traballo ofrecéronme renovar. Remataba este mes, e tiña pensado pasa-lo verán a raña-la barriga porque tiven un ano moi duro (traballar mentres se estudia cansa máis do que parece). Pero cando mo propuxeron non fun quen de rexeita-la oferta, aínda sen sabe-lo horario nin o salario… O caso é seguir facendo currículum. Bueno, pois o chungo do conto é que aínda non me atrevín a contárllelo a meus pais… Non me preguntedes por que, non o entendo nin eu. Quería contárllelo onte, cando pasou o de miña irmá.
Resulta que hai cousa dun mes miña irmá e máis eu empezáramos a buscar traballos na hostelería cerca de onde estamos en verán, pero ela o tomou moito máis en serio ca min, porque estaba esperando por se me dicían algo de renovar… Atopou un curro boísimo en Sanxenxo, e foi falar co dono. Era unha das cafeterías máis típicas, ó borde do paseo. O home díxolle que tiña moi boa presencia, que lle parecía unha boa candidata e que contase co traballo… disto haberá dez días, e quedou de chamala ó día seguinte.
Pero o señor non chamaba, e ela a esperar. E mentres, rexeitando outros traballos dos que a chamaban. Chamouno tres veces para concreta-lo horario desde que lle dixo aquilo, pero el sempre lle dicía que tiña que reunirse co seu socio. Onte foi a última vez que chamou. A derradeira, máis ben, porque o cabronazo díxolle que o seu socio xa tiña apalabrado o posto dende había días… ¡Moi ben polo señor!
Agora a pobre está sen traballo por culpa daquel fillo de puta, logo de ter rexeitado un ou dous noutros restaurantes. Non tivo nin a decencia de chamala para disculparse “porque houbera un erro na programación e o seu colega xa contratara a outra”, nin porque “o pensara mellor e había unha candidata cun nivel máis alto que o dela”… Púxose a chorar, a pobriña, e eu non sabía nin que dicirlle. A verdade é que é unha putada para ela… E o peor de todo é que non pode facer nada a pesares de que houbera un contrato verbal.
Con ese panorama, non era plan de que soltase onte na casa: “Ei, mirade, que non vou pasa-lo verán convosco porque eu SI teño un curro”. Na casa non o sabe ninguén aínda, pero a ver se llelo digo axiña… ¡Que tonta son ás veces!
xuño 29th, 2007 at 11:54 pm
Pois estás nunha situación na que non sei que dicirche.
Penso que podes tantear a situación falando coma sen queres da posibilidade de renovar. Dille que non sabes que facer se te renovan e seguro que túa irmá di: Renova, non sexas parva.