O meu novo posto
Seguro que moitos de vós xa estaredes de vacacións, ¿non? Pois eu hoxe comecei no meu novo posto. Xa estivera facendo prácticas nesta sección hai algún tempo, e pola mañán encargáronme que lle ensinase como funciona todo a unha rapaza que acaba de chegar. A nena parece riquiña, pero pouco faladora. É comprensible, aínda lembro o meu primeiro día… ¡Que caos!
E falando de caos, xa lles contei a meus pais que me ofreceran un traballo… e que o aceptara. Máis ou menos, a frase foi:
-Mamá, te tengo que contar una cosa… -e aquí á pobre muller púxoselle unha cara de pánico que poucas veces lle vira- Que mañana empiezo en otra sección del periódico…
En casa todos se alegraron moito, pero a verdade é que me deu moi mal roio contarllo á miña irmá… Pero bueno, ela xa ten plans para este verán: vai saca-lo carné de conducir. Mellor, que aproveite este verán, que xa se lle acabarán os tempos de querer traballar en vacacións…
Ah, por certo, unha curiosidade: hoxe fai exactamente un ano que non teño vacacións propiamente ditas… :/ Ou mellor, mirándoo polo lado bo: hoxe fai un ano que empecei a traballar no periódico ininterrumpidamente. Así soa mellor…
Veña, a pasalo ben os que esteades xa de vacacións! Tomade moito o sol por min!
xullo 3rd, 2007 at 11:00 am
Pois muito ánimo co choio. Sempre me fixo graza que aquí todo o mundo comeza mira o verán para os veraneantes. Como se fosen os nosos fillos e os quixermos coidar e protexer. As noticias son se fai sol ou a onde foron os turistas onte que chovía. Ais, devezo pq este traia algo novo. Eu creo que vou traballar tamén pero non se sabe nada ata o último momento.
Aínda que digan que todo o mundo vai de vacacións son mui pouquiños os que van xullo e agosto así que a todo o mundo lle toca falar do tema no traballo.
xullo 3rd, 2007 at 12:31 pm
el sol es el único que está de vacaciones el muy cabrón…
xullo 3rd, 2007 at 11:15 pm
Pois que che vaia ben no choio. Eu traballo e non creo que teña vacacións ata fin de ano.
xullo 9th, 2007 at 12:08 am
Moitisima sorte no novo traballo, verdade parece interesante. Por certo, eu levo case 6 anos sen vacacions propiamente ditas