O meu xefe: o Conta Atrás
Levo seis días na nova sección e xa estou farta do meu xefe… É o modelo de xefe Conta Atrás: o típico vello queimado polo curro que ten un calendario coa data da súa xubilación marcada en amarillo fosforito, e cada día que pasa vai tachándoo nese calendario… Vamos, o típico que rematou por odiar o seu traballo e quere que ós demáis lles suceda o mesmo. En fin, paciencia e moito sorriso falso.
O outro día deixoume quedar mal diante de media redacción, dicíndome que eu traballaba sen ganas… Botade contas, porque iso foi o segundo día de traballo, cando aínda me estaba afacendo!! Algúns dos meus compañeiros, que me coñecen un pouco mellor, defendéronme quitándolle ferro ó asunto, pero a verdade é que me sentín moi mal… ¿Como pode dicir iso ó segundo día?
Ademáis, el non asume ningunha responsabilidade. Este ano entrou unha rapaza nova, duns 19 anos, que non tiña nin idea de como funcionaba unha redacción… Pois desentendeuse dela, e encargoume a min que lle ensinase todo á pobre nena: os programas, o funcionamento das redes internas, como facer entrevistas…
O peor é que me trata coma se fose parva: tódolos días, cando dá a súa hora de saída, mira o reloxo con cara de présa e dime:
- Bueno, tengo que ir a un sitio… Quédate tú corrigiendo estos textos.
¡Paspán! ¿Pensas que non sei que vas comer a casa, que a túa dona che ten a comidiña quente e recén preparada? Eu cando saio, unha hora máis tarde ca el, aínda teño que facer a comida para min e para quen estea comigo en casa, se hai alguén.
En fin, que estou bastante queimada con este tema, pero a verdade é que xa non me corto… Collo o curro con máis filosofía, vou máis á miña bóla e paso de preocuparme polo que pense o meu superior directo. Os compañeiros ós que de verdade admiro como profesionais xa saben canto me esforzo, e iso é o que conta.
¿Os vosos xefes tamén son así? Imaxino que os haberá moito peores, pero claro, como non coñecín moitos aínda…
Xa vos irei contando algunha anécdota do Conta Atrás…
xullo 8th, 2007 at 9:21 pm
Sabes que, neste intre, o que tiñas era que marchar de vacacións… que xa tocan
xullo 9th, 2007 at 12:11 am
MMmm en 6 anos de traballo tiven xefes de todo tipo, dos que acaban sendo os teus amigos (aun a día de hoxe) e dos que non queres volver a saber de eles nunca mais na tua vida, no meu caso os primeiros foron os mais abundantes.
O meu consello: Moita man esquerda e recorda, se non podes co teu enemigo, alíate a él
xullo 9th, 2007 at 1:40 am
O que tes que facer é pasar do Conta Atrás, darte a respetar, persoalidade, e facerlle ver que en algún intre lle sacas dun apuro. Cho digo por experiencia, fun xefe de 80 traballadores e aos pelotas os queimaba en vida, xa que ao final os tratan como “estropajos”. Como dice Natyara: “se non podes co teu inimigo, alíate a el”. Si, é moi boa filosofía, pero sen cair no peloteo, senón xa eres un trapo para él.
xullo 9th, 2007 at 9:00 am
el mío es e ltípico cerdo que engorda a base del trabajo que hacen los demás. a veces me lo imagino vuelta y vuelta en una parrilla con un poquito de ensalada y una patatitas…mmmmm¡
xullo 9th, 2007 at 4:09 pm
mamiago: estou dacordo, pero creo que as vacacións terán que esperar ata o ano que vén, ou ata que remate o contrato…
Natyara e sarampelo: eu traballo todo o que podo, e o mellor que podo. Iso non vai cambiar, e creo que non o estou facendo tan mal como el di. Por iso, aliarme con el sería como ceder e recoñecer que ten razón, que non me estiven esforzando… Non quero darlle a razón coma ós tolos e face-las cousas mal, non me pagan para iso
De todos xeitos, Bandini, a cousa non está tan mal coma no teu caso… jajaja.
xullo 10th, 2007 at 11:02 pm
Ten vostede un don para iso dos alcumes, e moito sentido do humor, e sobre todo PERSONALIDADE. Todo isto ten un valor que co tempo remata por ser recoñecido, e se non… pois saber un mesmo que está facendo o correcto é a mellor recompensa. Temple, e control. E un bico, Mar.
xullo 11th, 2007 at 11:43 pm
Os xefes hai que levalos con calma e tratar de obedecer no que manden. Eu tiven un encargado unha vez que cando collín unha baixa por lumbago ( descargaba baldosas de granito e estraloume a espalda ), vai e díxome: - Así que che deu o “lum” porque o “bago” xa o tes.
Aínda así paréceme raro un xefe que espere con tanta ansiedade o día da xubilación…Normalmente queren traballar ata que morran.
Bueno. Xa sabes: a mal tempo mala boa cara e muita man esquerda como recomendan.