Manolo somos todos
.
.
Ofrezco alojamiento gratuito (incluídos gastos de luz y agua) a señora o matrimonio con pocos recursos a cambio de algo de cuidados
Manolo: 600 00 00 00
Hoxe saín tarde do traballo (moi tarde). Xa non había ninguén pola rúa, e quizais por iso me fixei neste papeliño pegado a un semáforo. Xuraría que onte non estaba aí…
Removeume algo por dentro nada máis velo, pero non sei por que. Quedóuseme mal corpo, pero non podía deixar de pensar nel.
Creo que o que me chamou a atención foi ese “por algo de cuidados”. Sooume case a chamada desesperada, a falta de cariño, a soidade. “Non pido máis nada que un pouquiño de atención e cariño”. Todos somos humáns ¿non si?, non nos gusta estar sos…
Abaixo, xunto cun número de móbil, viña o nome do señor, e non podía parar de preguntarme como sería ese tal Manolo. ¿Un velliño engurrado e encollido de pelo branco? ¿Ou un home non tan vello con algún tipo de minusvalía física? ¿Ou alguén que non escoita palabras bonitas de cando en cando? ¿Acabaría de enviuvar? ¿Estaría enfermo?
Deume a sensación de que nese papeliño hai algo de cada un de nós… Manolo somos todos.
xullo 31st, 2007 at 2:36 am
Si, Manolo somos todos, pero moitos non o sabemos recoñecer e tarde o cedo nos daremos conta, quizais ese día sexa tarde. Cada vez que pasa o tempo neste mundo de hoxe, insolidario, egoista e de consumismo esacerbado, o ser humano ten menos comunicación verbal, todo llo estamos deixando ás máquinas e esas máquinas acabaran connosco. Estamos actuando como si o mundo vaise a acabar mañan, e rompemos cos valores que sempre destacou o ser humano. Estamos a actuar dunha forma estresante e facemos boa aquelas palabras de: “maricón el último”, ou aquela de: “o que veña atrás que arree e que se foda”. A onde imos parar sen a palabra e a comunicación entre nós.
xullo 31st, 2007 at 3:45 am
A soedade vai connosco a todos lados e agarda o seu momento. Con sorte podemos compartir a nosa soedade esencial, pero tarde ou cedo todos somos Manolo, así que se Manolo atopase “un pouquiño de atención e cariño”, o mundo sería un pouco máis habitable.
xullo 31st, 2007 at 3:46 am
Eu son de natureza autista pero nunca me foi mal de todo. E malia a esa tendencia ao auto-aillamento sempre tiven bastante sorte coas miñas compañas. O que si é certo é que eu morrería antes de por un anuncio coma ese. Manolo somos todos pero eu non o quero ser.
xullo 31st, 2007 at 8:45 am
esto es lo que hay…osea, nada de nada..
xullo 31st, 2007 at 11:59 pm
De cando en vez un oe algo ou ve algo, ou le algo… que lle lembra o egoísmo que invade as nosas vidas. E remóvense a tripas, e despois…
agosto 1st, 2007 at 12:37 am
É triste chegar a ese extremo.
Ogallá Manolo teña sorte.
agosto 4th, 2007 at 5:41 pm
moi triste