Cada quen leva a súa condea

.rumano.jpg

Mañá teño que facer o que espero que sexa o meu derradeiro exame da carreira. Non sei nin como o levo, pero é que xa estou cansa de durmir tan pouco e traballar tanto. Ademais, hoxe raieime moito por unha tontería, e acabo de descubrir cal é a miña condea nesta vida.

Resulta que hai pouco foi o meu cumple. Como me sentira moi sola este verán, vivindo na miña casa mentres os demáis estaban na praia, miña nai fíxome un regalo. Comproume o mellor que había no mercado, pero eu quixen cambialo porque me sentía mal… Non podo aceptar que a xente me faga regalos, que gasten tantos cartos en min… Soa moi tonto, e xa sei que ela o fixo con toda a ilusión do mundo por darlle á súa filla o mellor. Sei que non estaba intentando compensarme co agasallo polo feito de que pasara sola tanto tempo… Pero aínda así, cada vez que vía o regalo diante dábanme ganas de tirar con el pola fiestra. ¿Para que precisaba eu tantos complementos e tantas trangalladas que non ía utilizar nunca? ¿Por que gastar os cartos nunha máquina con máis memoria ou máis potencia se non se van empregar?

Iso foi o que lle expliquei a ela, e ó cabo dos días conseguín convecela. Hoxe fomos cambialo á tenda, e por 30 roñosos euros quedei cunha cousa peor, sen tanta parafernalia pero máis barata… ¡Por 30 euros de merda!

Aínda non saíra da tenda e xa me dera conta de que me equivocara. Por esa diferencia de cartos, compensábame ter o primeiro modelo, o que ela me regalara. A conclusión que saco de todo isto é que cada quen ten a súa propia condea nesta vida, e a miña é non saber ser feliz.

 Síntome mal cando a xente me trata ben (cando me fan os mellores regalos), e aínda me sinto peor se me tratan mal. Teño todo o que podo necesitar, e non sei aproveitalo e ser feliz. ¿Por que son tan tonta? ¿Por que me poño triste durante dous días cando vexo o carteliño de Manolo? ¿Por que me paso o día pensando no mal que tiña que estar o pobre do rumano ese que se prendeu lume en Castellón? ¿Por que non podo pasar de todo e vivir ó meu rollo?

¿Por que deixo que todo me afecte tanto? Xa me diredes o que son 30 euros hoxe en día para unha familia que vive sen moitos problemas económicos… Coma se os fose facer máis felices devolvéndolles os 30 euros do regalo que me fixeron con todo cariño… Son tonta.

Pero sobre todo, ¿por que Manolo non puxo carteis en Castellón?

One Response to “Cada quen leva a súa condea”

  1. paideleo Says:

    O mundo é algo inxusto e hai que afrontalo como veña.
    No meu caso, procuro ver as cousas boas da vida que as ten…e non poucas. E rirme de min e do mundo. Un exemplo: o outro día estaba a suar dentro dun camión axudando a cargar sacos de 40 quilos co camioneiro. Imaxina: calor baixo a lona, o esforzo físico e o cansazo de xa non ser o primeiro camión que cargaba do día e de ver que había máis á espera. Entón díxenlle ó camioneiro: Manolo, paramos que estou a suar. El quedou estantío, mirou para min e botouse a rir. Eu botei a rir tamén e acabamos o camión rindo.
    Nada. Procura levar todo con alegría e dálle as gracias a túa nai un día calquera e cando che pregunte por que lle dás as gracias dille que por ser así. Seguro que a fas feliz e de paso faste feliz a ti…e sen gastar nin trinta euros.
    Ánimo co exame que ti podes e a vida hai que afrontala como veña.

Leave a Reply