Vacacións!!

¡Agora si que si! Pedinme uns días libres no traballo e mañá mesmo empezo a miña viaxe con destino a Catalunya. ¡Anda que non me vai vir ben nin nada!

Agora mesmo vou facer a maleta, que mañá aínda traballo e non me vai dar tempo. ¡Que nervios!

Espero que vós tamén o pasedes moi ben. Eu vouno facer de seguro: imos en plan cultural, con tempo para ver algo de deporte e descansar un ratiño nas praias.

Portádevos ben mentres non estou!

Ah, e por  certo, un último apunte: Felicidades para Sergio e Diego Vallejo, os dous irmáns de Meira que compiten no Campionato de España de Rallyes de Asfalto e que o pasado fin de semana se puxeron líderes despois do Rally Príncipe de Asturias. ¡A por todas, Lobo!

5 Responses to “Vacacións!!”

  1. torredebabel Says:

    Pois que sexan unhas boas vacacions!

  2. turonio Says:

    em sembla que ho pasarás molt bé!

  3. paideleo Says:

    Desfruta !.

  4. Ninsesabe Says:

    Pois eu acabeinas, miña nena…
    Así que por aquí ando, poñéndome ó día nos blogs amigos.
    ¡Disfruta todo canto poidas e non penses no xefe ese que conta coma o carangexo!

  5. mamiago Says:

    canto me alegro, e que envexa me da

Leave a Reply