Mellor imposible… ¿non?
.
.
Levaba tempo xa sen actualizar, e iso que me propuxera escribir algo onte… ¿Por que? ¡Pois porque este blog cumpría un aniño! ¡Beeeeeen! ¡Felicidadesssss!
Este momento, que para min é moi especial, quero aproveitalo para darvos as gracias a todos, porque cos vosos posts e os vosos comentarios facedes que siga mantendo a ilusión por ser de Mar e Lúa. Sen vós, sabendo o inconstante que son, este blog nunca tería cumprido un ano…
Un ano de moitas emocións: problemas con amigos, moito traballo, pouca festa, novas persoas que apareceron na miña vida e que pagou a pena coñecer (se estás a ler isto, seguramente me refería a ti)…
Creo que nestes doce meses tiven que madurar moito, e cargar coa responsabilidade de estudiar e traballar o mesmo tempo… Niso se resume a miña vida este ano.
Ultimamente houbo moitas novidades no plano laboral. En agosto e setembro xa me ofreceron 3 novos postos de traballo, que rexeitei por esa idea que tiña de marchar de aquí… O peor é que aínda non estou segura do que farei, pero o que decida ten que ser xa. Non me pode ir mellor, pero estou moi queimada xa de tantos meses de esforzo.
Ah! E outra novidade da que non me podo esquecer… Vén ben fresquiña, porque hoxe mesmo me enterei de que xa son LICENCIADA!!! Aprobei o meu derradeiro exame da carreira e estou que aínda non mo creo.
A verdade é que non é para queixarse… ¿verdade?
setembro 22nd, 2007 at 11:52 am
Noraboa polo blog e a licenciatura.
Agora empezache a carreira da vida. Sorte.
setembro 22nd, 2007 at 5:23 pm
Noraboa!!. Concordo con Ninsesabe.
Unha aperta.

setembro 23rd, 2007 at 1:49 am
Pois non podes ter queixa.
Noraboa polo conseguido neste ano e a seguir.
setembro 24th, 2007 at 1:05 am
Dobres parabéns, o esforzo sempre ten a súa recompensa.
setembro 25th, 2007 at 5:04 pm
me alegro de que todo te vaya bonito.
salud
setembro 26th, 2007 at 1:13 am
Noraboa Mar é Lúa polo blog e polo remate da carreira. Non te desanimes xa que agora tes unha carreira moito máis longa dentro desta Universidade da vida, onde os suspensos son arrepiantes pero os aprobados son moi satisfactorios e alegres. Que todo che vaia en clave de aprobados.
setembro 28th, 2007 at 10:41 am
Noraboa. Detrás do esforzo sempre ben a recompensa. Agora escolle ben o que queres facer, que ata a xubilación van moitos aniños. Un saúdo.
outubro 1st, 2007 at 1:54 am
Parabens!!!!!!!!! os motivos sobran pero, ainda que asi non fose, un aniño de contacto e historias chega abondo para o noraboa! Apertas!
outubro 10th, 2007 at 7:42 pm
Oes, ti, ¿non van sendo xa moitas vacacións?
Nin que foras mestra…