Os obreiros
Mércores, Outubro 31st, 2007Estes días están a facer obras no ascensor do meu edificio, e ainda que non o creades, estou contentísima. Contrataron uns obreiros que son a caña e que dan un montón de bo rollo. Son moi educados e moi riquiños.
Sempre están dous xuntos, o de cara de calamar e o de barbiña case roxa. Póñense a traballar moi cedo, a iso das 8 ou das 9, e non paran nin á hora da siesta. Como estes días non teño que madrugar esperto sobre as 11 co ruido dos taladros e as serras de fondo.
Si, ás veces si que me dan ganas de matalos… Pero despois sempre os escoito cantar coa radio a pilas que colgan na barandilla da escaleira. Dálles igual que canción sexa, ¡sábenas todas! Nena Daconte, Amaral, Antonio Orozco, El Canto del Loco, La Oreja de Van Gogh, Serrat, Mecano… ¡Todas! De cando en cando, se soa algunha flamencada, tamén se lles escoita cantar por riba da radio, “improvisando” un pouquiño (por non dicir “soltando gallos”)…
Outras veces poñen algunha canción en inglés, pero eles non se resisten a facerlle a competencia á radio, a ver quen berra máis, e asubían as melodías.
A ver se co que lles paguemos se poden apuntar a clases de canto
.