Marisco no Grove
Onte tiven un pouco de tempo libre, e aproveitei para ir con meus pais e miña irmá ó Grove, á Festa do Marisco.
Teño que confesar que era a primeira vez que ía, pero paseino moi ben. Gustoume moito, e non había moita cola nin nada para pedir. Comimos coma cochos, e quedamos todos fartos. Alí atopamos a uns amigos de meus pais e xa estivemos todos xuntos.
Comimos unhas navallas que estaban boísimas, das mellores en moito tempo, e tamén pedimos un arroz de marisco que estaba increíble… E logo tamén comimos cigalas á prancha, empanadas variadas… ¡Quedamos todos coma pepes!
A verdade é que estaba todo riquísimo, pero non quixen mirar a conta… ¡Para iso vou con papi e mami!
outubro 16th, 2007 at 2:07 pm
Eu non fun na vida pero iso de non agardar muito para xantar debeu de ser por algun anxo que vos sorí porque teño oído historias máis longas que a biblia do que pasa nesas colas.
Saudiña!!!
outubro 21st, 2007 at 1:01 am
Xa fai tempo Mar e Lúa que non estás polo blogomillo. Estiveches pola Festa do Marisco, o mellor é xanta-lo marisco en calquera outro día que non sexa ese.
Aínda eu hoxe non chego a comprender (vivo a 20 Quilómetros do Ogrove) donde se pode sacar tanto marisco da Ría se case eses “bichitos a extinguir” hai moi poucos. Falo dos nosos mariscos, os da Ría de Arousa que son os máis sabrosos.
outubro 23rd, 2007 at 8:56 pm
ummm arroz de marisco, ummmm navajas…. qué bueno, y qué hambre!