Jose

.emigracion.jpg

Jose vive lonxe de Galiza dende hai casi 40 anos. Daquela marchara buscando traballo, coma tantos outros. Logo dun tempo, cando estivo ben asentado en terras máis prósperas, a súa dona e os seus fillos acabaron por deixar atrás ese pobo entre montañas no que sempre viviran.

Non hai verán no que non volvan todos a ese pobo medio perdido na serra. As vacacións sempre se pasan alí, onde aproveitan para comprar mel galego, coller unhas cantas botellas de licor café e encher as maletas coas mellores lembranzas e sensacións.

Pero a pesar de que pasa menos dun mes en Galiza, Jose non vive alonxado dela. Aínda conserva un acento e un falar perfectos, deses que chegan a conmover se os escoitas fóra da terra. Aproveita calquera ocasión para falar galego, e incluso sospeito que, de cando en cando, deixa escapar a propósito algunha palabriña cando fala castellano.

Jose é desas típicas familias da aldea, que así como chegas, non tardan nin medio minuto en ofrecerche o mellor da casa: chourizos, queixo, un bo vino e unha conversación cargada de emocións lonxanas en común.

5 Responses to “Jose”

  1. paideleo Says:

    Meus avós botaron muitos anos en Venezuela e cando falaban galego daba a impresión de que non saíran da aldea na súa vida e cando falaban español era venezolano o que falaban.

  2. Doutora Seymour Says:

    O outro día vin un reportaxe sobre galegos en Estados Unidos, foi abraiante comprobar cantos deles malia ter nacido alí falaban galego, e os que marcharan había moitos anos… pois o que di Paideleo, que falaban coma se nunca marcharan de aquí… a dicir verdade mellor que se aínda viviran aquí. Está visto que un non valora as cousas cando as ten á súa disposición todos os días.
    Un saúdo, xa había tempo…

  3. bandini Says:

    no hay como ser uno mismo en todas partes y en cualquiera…

  4. ninsesabepuntocom Says:

    Lendo o teu último paragrafo acordeime da miña primeira escola, aló no monte, “Conde-Seijas, Fronzal, unitaria, rural, difícil desempeño”…Non vin noutro lugar xente máis acolledora. Os nenos viñan de casas que había espalladas, e eu adiqueime a coñecelas todas. Sempre me recibiron coma se fose unha autoridade importante.
    Nunca me sentín mellor tratado. Nin penso que ninguén valorou máis o meu traballo.
    Dijo eu que José ben podería ser calquera daqueles homes de aldea.

  5. Meiga en Alaska Says:

    Estando lejos, Galicia siempre se lleva en el alma, aunque el gallego no se siga llevando en la boca necesariamente…
    Me gusta tu blog. Lo encontré saltando de uno a otro… :)
    Saludos fresquiños

Leave a Reply