Vivamos como galegos!
Tiña que facelo, non puiden resistirme ó ‘Vivamos como galegos’… Supoño que xa todos coñeceredes este anuncio de Gadis que está a convertirse nunha auténtica revolución. Un minuto e medio de risas, de tópicos, de emocións e de orgullo polo fermoso que é ser galego. Este spot está sendo un auténtico éxito, e isto queda demostrado con probas científicas irrefutables como que seis dos meus contactos do Messenger xa se fixeron con algunha das súas frases para presentarse ante o mundo… E de novo, eu tamén caín na tentación da orixinalidade e o bo rollo de Gadis, teño que recoñecelo…
Por fin alguén que non representa Galiza como unha terra na que nunca deixa de chover mentres un gaiteiro á beira do mar toca unha muiñeira triste. Triste coma os días de choiva, triste coma el mesmo, triste coma a morriña…
A autoxenreira xa quedou moi atrás, estamos contentos de ser galegos, de ter 17.340 festas cada ano (e en aumento!), de saltar nas pozas os días que chove, de voltar á aldea cada domingo e comer grelos da casa… De inventarnos o inglés, de ter inventado tamén a pregunta total que serve para calquera momento, persoa e ocasión… De non saber se subimos ou baixamos, de contestar con outra pregunta, de non crer no que ‘habelo haino’ e de non ter xente fea na nosa terra…
Un dez para os creadores!! ¡Canta razón levan! O único malo é a dobraxe, que lle quita moita espontaneidade. Aínda así, ¿quen logrou conter a risa mirando este anuncio? ¿Quen non quere vivir coma galego?
outubro 31st, 2007 at 2:03 am
O da pregunta total é, como din en Malpica, “material, ché”…
Somolodemomaior.